Saltar ao contido principal

Publicacións

8M DÍA DA MULLER

 O 8 de marzo convidamos á escola a dúas mulleres moi traballadoras. Dúas mariscadoras, que nos ensinaron ó duro que é o seu traballo e aprendimos moitas cousas deste traballo tan típico de Moaña. Graciñas Diana e Tere
Publicacións recentes

Obradoiros de febreiro

 En febreiro somos artistas e creamos o noso autorretrato observando a simetría da nosa cara. Os nosos experimentos molan moito, esta vez fixemos masas sensoriais. E na nosa horta todo empeza a cobrar vida, transplantando transplantando todo crece.

COLONIAS CANGUESAS

 O Venres recibimos unha visita moi gatunaaaaaaaaaaaaa COLONIAS CANGUESAS AO RESCATEEEEEEEEEEEEEEE Ensináronnos como coidar os gatiños da rúa e aprendimos moitas cousas gatunas Silvia volve pronto

O ENTROIDO EN VERDUCEDO

 Este ano en Verducedo eleximos a película de Mulán para crear os nosos disfraces.  Mulán cumpre 25 anos como a nosa escola. As mamis fixeron os disfraces de Mulán e Li Shang e prepararon unha supercarroza para o desfile da Xoubiña. Que gran traballo, esforzo e adicación! Sodes as mellores! De luns a xoves seguimos as comandas do Meco e o venres fixemos merendola e desfile. Recibimos a visita da comparsa de Moaña "Delas" e nos axudaron a facer o estandarte con letras chinas  Mirade que ben o pasamos, nin a choiva puido con nós, nunca choveu que non escampara VIVAAAAAAAAAAAAAAAAA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAL

OS NOSOS VIDEOS DE RELI

 

30 de xaneiro: DÍA da PAZ e da NON VIOLENCIA

O LUNS 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ Fixemos un carriño cunha selección de contos de valores Desfrutamos co conto Negros e Brancos Escribimos o Decálogo da Paz Fixemos pulseiras E decoramos o noso patio con cintas de cores que representan que non todo é branco ou negro, somos diferentes e especiais como cada cor do noso arco da vella  

Obradoiros de xaneiro

No mes de xaneiro seguimos cos obradoiros internivelares e descubrimos que se achega o Entroido, así que fixemos un collage artístico para disfrazarnos e decorar o cole, experimentamos coa disociación de cores e na horta preparamos a prantación de inverno.