Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019
Na nosa escola non paramos de aprender cousas novas. O outro día viñeron a visitarnos ó cole uns amigos moi especiais que nos falaron de animais tan xeniais como Martiño  o corvo mariño que vive nunhas illas moi especiais que temos moi cerquiña. Aprendemos moito sobre as Illas Atlánticas e as aves que viven nelas. Mirade, mirade. MARTIÑO O CORVO MARIÑO

25 NOVEMBRO

Para esta data escollimos este ano un conto dos clásicos, dos que levan tempo acompañándonos nas nosas aulas para trabllar o tema da igualdade de xeito transversal no día a día. En cada aula se leu, escoitou ou visionou de xeito dixital o conto ROSA CARAMELO e, despois de comentalo e falar da importancia de que cada elefante decida de qué cor quere ser demos paso a diferentes actividades adecuadas ás diferentes idades dos cativos. Así que todos os nenos e nenas da Escola de Verducedo traballaron sobre este tema e decidiron de que cor ou cores pinaban a Magarida independientemente do azul e o rosa. Ademáis escoitamos a fantástica canción de Charo Pita "Rosa e Azul" que tanto nos gusta. ROSA E AZUL

MAGOSTO

Un ano máis poidemos celebrar esta festa con todas as familias da escola. Nais e pais estiveron asando castañas e chourizos e disfrutando dunha mañá fantástica xuntos. Se pinchades no seguinte enlace poderedes ver a festa que montamos no blogue da esola. MAGOSTO EN VERDUCEDO

SAMAÍN NA EEI DE VERDUCEDO

Este ano tivemos outro Samaín cheo de medo con contacontos, disfraces, maquillaxes, obradoiros de cociña monstruosa e exposición de cabazas. Sinxelamente TERRORÍFICO... Pinchade nas imaxes e vos levarán dereitiños ás entradas do blogue da escola cos videos do noso SAMAÍN. OBRADOIROS DE SAMAÍN AS NOSAS CABAZAS A FESTA