Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2023

Coidamos os nosos dentes

 Recibimos a visita de Alba e Andrea. Elas traballan como dentistas nunha consulta de Moaña e nos ensinaron a coidar a nosa saúde dental.

TOPITO TERREMOTO

Durante o mes de novembro, descubrimos o conto de Topito Terremoto Topito é un neno desbordante de enerxía que lle custa saber parar. Os compis e os adultos que o rodean teñen prexuizos e o etiquetan de "inútil" e "despistado" Con este conto aprendemos a ter paciencia, a non poñer etiquetas negativas e a canalizar a nosa enerxía, por todos somos un pouquiño hiperactivos ás veces e temos que aprender a parar. Logo fixemos un mural con tódalas etiquetas de Topito Terremoto, mirade que chuli nos quedou

Obradoiros de novembro

 Chegou o outono e os obradoiros de novembro xa están aquí. Fixemos pintura con espuma de afeitar para facer follas de outono, fixemos experimentos de flotación e xerminamos landras como no conto de Xaime e as landras.

Magosto EEI Verducedo 2023

Magosto na Escola de Verducedo, primeira xuntanza do ano con todas as familias.  Grazas a todas por acompañarnos neste día.

Samaín 2023

 Este Samaín foi terrorífico, dende a BiblioVerdu convidamos ás familias a contar contos de medo na escola, foron terroríficamente incríbles e inolvidables, quedousenos cara de susto. Fixemos receitas tradicionais con cabaza e terroríficas con moitas chuches. Disfrazámonos, acendemos as CALIVEIRAS con velas e fixemos unha festa cunha gran merenda feita polas familias e desfrutamos desta festa de benvida ao outono, lembramos os que xa non están e espantamos tódolos nosos medos. A ANPA organizou unha festa terroríficaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

Superpoderes

 Inspirados neste conto, dende a Escola de música de Moaña convidáronnos a unha excursión moi especial................................................Chea de Superpoderes DESCUBRE CAL É O TEU SUPERPODER GRACIÑAS MESTRAS E MESTRES DA ESCOLA DE MÚSICA POR ESTE CONTO TAN SUPERPODEROSOOOOOOOOOOOOOOO