Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

ENTROIDO NA EEI VERDUCEDO 2023

 Menudo circo o da nosa escola! Despois de dous anos volvemos a xuntarnos para celebrar o entroido e desfilar pola vila e a festa non podía ser pouca. Moitas grazas a todas as familias por achegarvos a desfilar con nós! VIVA O ENTROIDO!!!!

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Paz e a non violencia. Este ano tivemos unha visita moi especial, un paiaso de Galiclown viu a visitarnos. GALICLOWN é unha asociación que se dedica a alegrar  un pouco as estancias dos nenos e nenas nos hospitales galegos. Podedes visitar a súa páxina web aquí https://galiclown.org/es/ Para axudalos pedimos a colaboración de todas as familias, que aportaron con moito cariño e non menos esforzo as súas doazóns. Grazas a vós conseguimos recaudar para os paiasos de hospital unha moi xenerosa cantidade !!! Mirade que ben o pasamos!

OBRADOIROS XANEIRO 23

 Aquí deixamos un resumo dos obradoiros internivelares deste mes de xaneiro.  Xa estamos preparados para os seguintes ;)