Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

SE TI LES, ELES LEN: PRÉSTAMO FAMILIAS

Hoxe todos e todas rebistes unha difusión na que vos animábamos a compartir experiencias lectoras. Como? Prestando as vosas lecturas favoritas ou libros que vos parezan de interese á Biblioteca de Familias. Así outros pais e nais, avós, profes e o resto de persoal do centro poderemos disfrutar dunha ampla selección de novelas ou libros recomendados. Participa no noso programa "SE TI LES, ELES LEN"

CONCEPCIÓN ARENAL

Hoxe 31 de xaneiro se celebra o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, muller importantísima na nosa cultura. Loitadora incansable e defensora dos dereitos dos máis débiles, feminista convencida e pionera na loita da igualdade. Deixounos algúns textos moi interesantes que todavía hoxe, máis de un século despois nos fan reflexionar.

DÍA DA PAZ

Como xa é tradición celebramos o Día da Paz compartindo unha xornada de convivencia cos nenos e nenas da EEI O Con. Démoslles a benvida cunha canción que preparamos e logo os invitamos a participar con nós das nosas aulas. Os pequenos e pequenas de tres anos limos un conto, compartimos cantigas e fixemos o que mellor se nos da: compartir os xogos da nosa aula. Os nenos e nenas de catro anos tivemos a sorte de contar coa presencia de Ian, o nos auxiliar de conversa que acompañou á teacher Marta no conto A taste of the moon (A que sabe a lúa?). Despois fixeron cooperativamente lúas para decorar o cole. Os maiores compartiron unha experiencia se cabe máis persoal. Por parellas tiveron que debuxarse, convertirse en retratistas por un momento e mirar moi de preto ó outro neno ou nena para poder debuxalo ben. Mentras tanto ían falando e coñecéndose. Despois disfrutamos dunha estupenda merendola, que iso si que une! E como tamén é costume, lles tiñamos preparados u

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!

Aínda que a nosa biblio leva xa uns meses funcionando, hoxe tivemos por fin a súa inauguración oficial. Coa axuda dos máis maiores da nosa escola lles contamos os novos alumn@s de tres anos como funciona o préstamo de tarde, cantos libros se poden levar ou por canto tempo.  Tamén falamos de algúns cambios no funcionamento como por exemplo a nova ubicación da Biblioteca de Familias ,  agora este recanto con literatura para adultos estará ubicado na entrada do cole para que poidades acceder máis facilmente. Tamén falamos sobre a nova organización dos exemplares. Como novidade, a partir deste ano estarán organizados polas letras do seu título, de maneira que cada caixa leva unha letra do abecedario e garda os contos que comenzan por esa letra. Hoxe tamén foi un día especial xa que puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras . Sabedes que estas mochilas viaxarán ás vosas casas e estarán durante unha semana, na que poderedes disfrutar en familia dos exemplares que viaxan dentro dela. Rec