Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2022

25N EU APÚNTOME Ó BO TRATO

    Este 25 de novembro celebrammos na escola o día contra a violencia de xénero apuntándonos ó BO TRATO entre iguais. Todos e todas os que nos apuntamos decoramos unha pulseira para recordalo. No seguinte video podedes ver a nosa realidade, nenos e nenas xogando xuntos e rexeitando a violencia en calquera das súas formas.

OBRADOIROS NOVEMBRO 2022

 Xa están aquí os obradoiros do mes de novembro. Desta volta os pequenos e pequenas experimentaron con masas viscosas creadas a partir da mistura con varios elementos, gozaron da pintura con bastoncillos a ritmo de tábatas e aprenderon como seleccionar castañas para plantar nun recipiente reciclado.

MAGOSTO EN VERDUCEDO 2022

 Por fin chegou o día no que voltamos a xuntarnos as familias da nosa Escola ó redor dun lume e comendo castañas e choripáns.  Os pequenos gozaron dunha xornada de xogos nos que o deron todo para conseguir encher de selos o tique que lles permitía comer as castañas. Por suposto que todos e todas o pasaron pipa tirando da corda, encestando castañas, facendo equilibrios, derribando botes e correndo para que non lles quitasen o sitio.  Para culminar esa xornada tivemos a sorte de contar con familias voluntarias que viñeron a preparalo todo para a merenda e para compartir con nós o fin de festa con lanzamento de trompos incluído ;) Moitísimas grazas a todas as familias por participar.

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este mes, a  nosa Bibioteca está de celebración doble xa que o 17 de outubro celebramos o día das ESCRITORAS e o 24 de outubro o día das BIBLIOTECAS. Temos a gran sorte de contar con numerosos exemplares na nosa biblioteca, e cunha amplia coleción de fondos escritos exclusivamente por escritoras, así que decidimos celebrar ambos eventos xuntos. Fixemos unha primeira escolla de libros e puxemos unha condición para o préstamo desa semana: todos e todas tiñan que escoller para levar a casa un conto escrito por unha muller. Houbo quen fixo doblete e se decatou de que o seu libro estaba escrito e ilustrado por mulleres.  Bravo polo noso alumnado, bravo polas mulleres escritoras e bravo polas Bilbiotecas!

OBRADOIROS OUTUBRO2022

 Aquí vos presentamos un resumo dos nosos primeiros obradoiros internivelares deste curso! Os cativos poideron disfrutar durante o mes de outubro dos obradoiros de : -     ARTISTEANDO: pantasmas e morcegos -    NATURARRRTE: pelochos peludos -    EXPERIMENTE: cabazas con espuma deafeitar Todos os nenos e nenas pasaron por todos os obradoiros gozando de todas as actividades, aprendendo e experimentando diferentes técnicas, texturas e creacións. Que sorpresas nos traerán os obradoiros de novembro???