Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2023

Feira do Libro

En Verducedo queremos celebrar a nosa particular Feira do Libro!   Durante a semana do 24 ao 28 de abril podes traer ao cole libros que xa non queiras, que xa non che gusten ou que che gusten tantísimo que queiras compartir cos demáis e intercambialo por outro. O intercambio está pensado para toda a familia, polo que os libros poden ser infantís ou de adultos. Por cada libro que traias conseguirás un vale, que poderás canxear por outro libro. Recolleremos os libros a partir do luns ata o venres, e o vindeiro martes 9 de maio, en horario de 15:30 a 17h teremos a nosa particular  Feira do Libro, onde poderás escoller entre todos os que recaudemos.

REVITALIZA

 Rocío volveu a visitarnos para recordarnos a importancia do compost e do respecto polas plantas e a natureza. E fíxonos rir tantísimo, que xa estamos esperando que volva o próximo ano :)

PLANTACIÓN DE PRIMAVERA

 Guisantes, leitugas, tomates, albahaca, berenxenas... e flores, moitas flores! Todo iso sementamos na plantación de primavera. Agora toca agardar e regar con moito cariño para ver que nace.

LUDOTECA DE MOAÑA 2023

   Este curso volvemos a recuperar a visita anual á Ludoteca de Moaña onde Sara e Bibi nos reciben sempre con moitísima ilusión e nos ensinan o ben que o podemos pasar alí polas tardes.

PIZZA PARTY

 Fixemos a nosa xa tradicional Pizza Party coa Teacher e a axuda, nesta ocasión, do profe Rubén. Queríamos deixarvos un pouquiño para probar, pero non quedou nin miga!

CARANVEXORNAL 2023

 Un ano máis participamos na Televisión Escolar de Moaña co noso Caranvexornal. Tamén vos deixamos o enlace ós Caranvexornais anteriors por se queredes volver a disfrutalos ;) https://caranvexo.gal/index.php/centros-tv/category/eei-de-verducedo