Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

PROTOCOLO DEVOLUCIÓN LIBROS BIBLIOTECA

Durante os vindeiros días todos e todas viredes á escola a recoller as cousas dos nenos e nenas. Debedes acordarvos de traer os libros que tendes en préstamo da biblioteca e as mochilas viaxeiras para poder disfrutalas de novo o vindeiro curso. Seguide as instrucións que vos deixamos a continuación para evitar contactos e riscos innecesarios. Bicos a todos e todas.

#reto30

O #reto30 será o último reto do curso. Será un reto diferente esta vez, que nos levará todo o verán conseguir.  Coñecedes o conto de La Ballena? Noé atopou un tesouro, unha amizade que non olvidará xamáis. O #reto30 consiste en que fagades o voso bote do verán 2020 con tesouros que atopedes.  Primeiro deberedes escoller un bote baleiro (serve un de marmelada, de tomate frito, de pementos... ) e durante estos meses de vacacións o iredes enchendo con pequenos tesouros. Esos tesouros poden ser pequenas cunchas da praia, pedras dun paseo especial, follas... Todas aquelas pequenas cousas que poidan ter un significado especial por atopalas nun paseo ou nun día bonito compartido coa familia ou con amigos.  En setembro podedes enviarnos a foto dos vosos bbotes do verán 2020 e nos encantará velos.

#reto29

Sabedes como se fai a mellor sopa do mundo? Pois mirade  o conto para descubrilo... A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo . E aquí tendes a canción do conto para que bailedes coma tolos https://youtu.be/qhaJBOWxURk E ti, te atreverías a probar un bocadillo de saltamontes ou unha pizza de grilos e grelos? O #reto29 consiste en facer unha RECEITA ALOCADA cos ingredientes máis tolos que se vos ocurran. Pero tranquilos, só tendes que facelo sobre o papel! Escribide os ingredientes, o modo de facelo e non vos olvidedes de facer un debuxo do resultado final. A cociñar!

#reto28/ #challenge28

Quen dixo que as xirafas non poden bailar? No conto Giraffes can't dan ce, a xirafa Chufa ensínanos que non hai nada imposible e que todos temos habilidades e virtudes moi valiosas.  Everything is possible.  Mira o ben que o pasan os animais bailando rock&roll, vals, tango, chachachá... Pois ben, queremos animarvos a facer unha divertida sesión de baile deixándovos levar pola música! Ou se vos atrevedes podedes inventar unha coreografía 💃🎊 Let's dance! Compartide cos demais o ben que o pasades! Lembrade mandar as fotos ou vídeos a biblioverdu@gmail.com ou ao whatsapp do cole.

#reto27 CONSEGUIDO!

Fantásticos esos xogos con materiais de refugallo! Temos bolos, un tirachinas e o xogo das chapas. Xenial por este #reto27!

#reto26 CONSEGUIDO!

Actualizamos para engadir novas sementes. Aquí tendes ós campións deste súper reto! Esa semente crecerá moi forte.

#reto27

Aquí tedes o segundo reto da  Semana do Medioambiente .  Partindo do visionado do conto: RANA DE TRES OJOS, un conto chulísimo sobre a importancia de coidar a nosa contorna, propoñemos o seguinte RETO: Elaborar un xogo ou xoguete empregando materiais refugallo, como botes, tapas e outros materiais de plástico, así como tubos, cartón usado.... dándolle así, unha segunda vida. Veredes como este tipo de xogos son tan divertidos, ou máis, que os que mercamos nas tendas.  CONTO EXEMPLOS DE XOGOS E XOGUETES QUE GANIÑAS DE VER AS VOSAS CREACIÓNS! 

#reto26

O día 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE , por iso, para conmemorar este día, os retos desta semana van adicados o coidado da nosa contorna. Escoitade e mirade con atención este conto tan bonito... A ÁRBORE DA ESCOLA. A árbore da escola creceu grazas aos coidados de Pedro e os seus compañeiros e compañeiras; moitos aloumiños e rego. O #reto desta semana é plantar unha semente dalgún froito (pebidas de laranxa, mazá, níspero, sandía...) ou sementes dalgunha legume (garabanzos, fabas, chícharos...). É importante que as pebidas estean moi secas. Podedes plantalas nun vaso de iogurt, nun brik de leite ou zume recortado, latas... ou en calquer recipiente reutilizado que se vos ocorra. Decorádeo como máis vos guste, sabemos que sodes moi creativos e creativas. Aquí tedes algunhas ideas: A idea é, dentro dun tempo, trasplantar as pequenas plantiñas no cole. Recordade que, igual ca árbore da escola, as plantas precisan coidados, moito amor e auga. Sementa

#reto25 CONSEGUIDO!

Estas torres son altíiiisimas! Tan grandes como as ganas que temos as profes de mirarvos. Como non pode ser, aproveitamos para mandarvos un millón de bicos. Muuuuak!  Esta última torre é unha das sorpresas que temos preparadas as profes para a volta en setembro. Shhhh, non llo contedes a ninguén.

#reto24 CONSEGUIDO!

Mmmmmmm, que pintaza teñen os vosos xeados!