Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

#reto08/ #challenge08

#Reto08/ #Challenge08 Cantísimo nos gusta o conto The very hungry Caterpillar ? Na biblio témolo en galego e en inglés! Mentres non podemos disfrutar del en papel, aquí está o vídeo para que o lembredes: Agora gustaríanos saber que froitas hai na túa casa J Sabes o nome en inglés de todas elas, ou de algunha outra aínda que non esté no teu froiteiro? Cantos colors diferentes podes atopar? E cantas froitas distintas? Let’s count! 1, 2, 3… E atención, porque neste reto quixo participar un invitado do máis especial... o noso teacher Ian!! Mándavos moitas apertas a tódolos nen@s de Verducedo! E vós, animádesvos a participar igual que Ian!  Contádenos todo o que descubrides nos comentarios desta entrada, no correo da biblio ou por Whatsapp!

#reto07 CONSEGUIDO!

Noraboa a todos os participantes no reto! GAEL SIMÓN E ÁLEX

CONTOS CONTADOS KALANDRAKA

A editorial Kalandraka tamén se quere apuntar á iciativa de contar contos para que todos e todas poidamos disfrutalos. Hai un montón de contos contados. Son chulisísimos!

PANDEMIA DE CONTOS

Dende o colectivo  NOGA (de Narración Oral Galega) están compartindo uns contos con vós para levar mmellor esta corentena. Podedes seguilos na súa canle para non perdervos ningún, hai contos infantís, familiares e para adultos. Aquí vos deixamos un narrado polo fantástico Esteban Acuña, pero hai un montón. Animádevos a descubrilos!

#reto07

Seguro que xa miraches este vídeo un montón de veces. E seguro tamén que intentaches levar a cabo algún dos exercicios. A que foi divertidísimo? O #reto07 consiste en que intentes facer algún dos exercicios do vídeo ou outro que se che ocorra e o grabes ou fagas unha foto para enviarnos ó correo da biblio ou ó whatsapp do cole! Queremos ver como te divirtes e si eres quen de facelo! Recorda que tamén podes practicar con algunha das cancións que facemos en FunFit !

#reto06 SUPERADO!

Súper aplauso para os súper participantes no #reto06!!! IAGO IAGO E O MARTÍN LÍA E IZAN Uns debuxos chulísimos de primavera. Bicos mil!

#reto06

O #reto06 está relacionado coa nosa querida PRIMAVERA! Para celebrar a súa chegada propoñemos a seguinte canción: O primeiro que podemos facer é bailar a tope este rock tan primaveral de xeito libre; chegado un punto da canción darlle a pausa. Nese intre quedaremos quietos como se fóramos estatuas. Ao reanudar a música seguimos bailando de xeito libre. Outra actividade é a realización dunha pintura primaveral. Poden empregar moitas cores e diferentes materiais, rotuladores, témperas, pintura de dedos, etc. E xa para finalizar o reto propoñemos esta páxina que poderan realizar diferentes composións artísitcas a partir de elementos da natureza ao estilo do pintor Arccimboldo. Pincha na imaxe e te redirixirá ó xogo. Non te olvides de mandarnos as fotos das túas creacións!

#reto05

Anna llenas está facendo un montón de contacontos a través da súa conta de instagram , pero seguro que xa o sabedes.  Para os que non teñen redes sociais vos deixo un dos seus contos máis famosos, sabedes que no cole o usamos un montón e o temos en diferentes idiomas, así que vamos a escoitalo unha vez máis. Para conseguir o #reto05 debes pensar na túa cor favorita e buscar e rebuscar pola casa ata vestirte completamente desa cor. Recorda que valen vestidos de princesa, pixamas, disfraces ou sacos, pero tes que estar completamente vestido da túa cor favorita. Os maiores tamén poden participar 😛 e cando o teñas mándanos a túa foto ó correo da biblio (biblioverdu@gmail.com) para demostrarlle ó mundo que conseguiches o reto! O CONTO EN CASTELÁN EN INGLÉS E EN GALEGO E POR ÚLTIMO A CANCIÓN DO MONTRO DE CORES 

#reto04 SUPERADO!

Tacháaaaaaaan! Bravo polos participantes nos retos. CINE DE HUGO CINE DE HUGO

#reto03/#challenge03 CONSEGUIDO

Ben feito! MATEO E AITOR

DÍA DA POESÍA

Hoxe celebramos o día da POESÍA . Un gran día para a nosa Fada Rosalía que está pasando este tempo de confinamento na nosa biblioteca. Polo menos está rodeada dos seus mellores amigos, os libros, e para este día nos tiña preparada unha selección de libros de poesía, mirade qué chulos!  Podemos pensar que a poesía é algo demasiado serio para os pequenos, pero aínda que é moi serio tamén é fantástico para eles. Practicar rimas, entender a melodía, o ritmo, a entonación... Ler poesía e rimas cos máis cativos é unha actividade fantástica ademáis de divertida. Animádevos a descubrir a nosa colección de libros de rimas e poesía da nosa biblioteca!

#reto04

 #reto04  Chega un  novo reto para este fin de semana. Como estamos de ponte o reto número 4 será o de facer un cine familiar na casa. Escollede unha peli, apagade as luces, poñédevos cómodos e... Tedes toda a fin de semana para disfrutar deste #reto04. Recordade que podes enviarnos as fotos de reto superado ó correo da biblio!

#reto03/ #Challenge03

#reto03/ #Challenge03 Xa está aquí o noso querido Pete the cat! O gato máis molón ven disposto a animarnos e poñernos a todos/as a cantar e bailar coa súa historia: I love my white shoes . Aproveitaremos este conto para clasificar zapatos e de paso traballar un pouco esas mates! Teremos que reunir tódolos zapatos da casa, todos: os meus, os de mamá e papá, os dos meus irmáns... e clasificalos seguindo distintos criterios: Por cores Por tamaño de maior a menor Por sistema de peche : velcro, cremalleira, cordóns Segundo a quen pertencen Todas as que se vos ocorran! Non esquezades compartir as vosas fotos envíandoas ao correo biblioverdu@gmail.com ou ó teléfono do cole!

#reto01 SUPERADO

...e aquí os gañadores do #reto01 O conto que lle gustaba á mamá de Lía e Izan era o da Ratiña Presumida e aquí está o seu debuxo.

#reto02

#reto02 Hoxe será o primeiro día de cole sen cole. Vos propoño ver este conto taaaan chulo e despois pintarvos as uñas dos colores mais chulos que teñades por casa. Xa sabedes, enviadenos as fotos das vosas uñas ó correo biblioverdu@gmail.com e as publicaremos!

#euquedonacasa

Pois non hai moito que explicar... Debido a alerta sanitaria provocada polo COVID-19 nos vemos obrigados a pasar uns días na casa. Pero intentemos ver o lado positivo (que sempre o hai), aproveitemos estes días para facer os miles de cousas que sempre estamos decindo que non temos tempo de facer. Aproveitemos para pasar máis tempo co noso núcleo familiar, falemos de cousas, leamos xuntos, redescubramos os xogos de mesa que seguro andan por aí... Cousas como cociñar, planificar comidas, facer listas, inventarnos cancións, escribir historias, practicar hábitos de autonomía como aprender a atar os cordóns ou a vertirnos sós... No blogue da escola publicamos algúns recursos tic que podedes empregar para facer un pouco máis levadeiro este tempo, así como algunhas propostas de actividades Ademáis a Fada Rosalía quere propoñervos algúns retos para estes días. #reto01 A tod@s nos gustan os contos, ou polo menos nos gustaron algunha vez. A Fada Rosalía te invita a descubrircal era o c

WANGARI MAATHAI

GrAzas ó concerto didáctico que todos os anos presenta a Escola de Música de Moaña, estes días estivemos descubrindo a historia dunha persoa moi especial. WANGARI MAATHAI, nha muller que conseuiu, grazas ó seu tesón importantes avances en Kenia. Foi a primeira muller africana en recibir o  Premio Nobel da Paz  en 2004 pola "súa contribución ó desenvolvemento sostible, á democracia e á paz".  Finalmente cancelouse o concerto pola alerta sanitaria, pero aprendimos moitas cousas sobre a historia de Wangari. Se premedes na imaxe podedes ver o conto en formato audiovisual.

21 DÍAS EN GALEGO

A Escola de Verducedo únese un ano máis á actividade proposta polo Concello de Moaña . Como xa coñecedes, esta proposta baséase na idea de que 21 son os días que se precisan para consolidar un hábito e por iso que nos animan a empregar a lingua galega durante os 21 días que dura esta actividade. Con diferentes propostas educativas, este ano na Escola de Verducedo decidimos empregar as letras do abecedario para descubrir cada día unha nova palabra. Aproveitamos que estamos clasificando os fondos da nosa biblio por orde alfabética empregando unha imaxe que se corresponda con cada letra, e que mellor forma de facelo que empregando as imaxes e palabras de O Abecedario , da Mesa pola Normalización Lingüística con ilustracións de Óscar Villán. Ademáis envíamos ás familias uns acrósticos para que completase con palabras en galego coas letras dos nomes dos seus fillos e fillas. Na biblio podedes atopar o libro que fixemos con todas as palabras e os acrósticos e a continuación vos deix

CARANVEXO QUE TE VEXO

Vimos de estrear o noso III CARANVEXORNAL !!! Non vos entreteño máis para que o poidades disfrutar canto antes. Grazas profe Sara polo teu esforzo para que esta actividade saia adiante e con tanto éxito!