Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

Carreira Solidaria

 O sábado 16 de decembro fixemos unha carreira solidaria coa Protectora de animais do Morrazo e coas Colonias Canguesas que coidan e acollen gatos e canciños do noso entorno máis próximo. Na escola fixémoslle a entrega de material de coidado animal (area, limpeza...)  e sacos de comida que doaron as familias  

Unha visita moi especial

Recibimos unha visita moi especial. Nos visitaron as avoíñas de AFAMO, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzeimer do Morrazo.  Pasamos unha mañá moi especial acompañadas das nosas avoiñas favoritas.  Compartir tempo cos nosos maiores é un gran tesouro.  Aproveitémolo que a vida está feita para compartir e aprender delas e deles.