Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018
Un ano máis grazas ós Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística do Morrazo polo traballo tan estupendo que nos brindan escollendo títulos en lingua galega para que as nosas cartas a Papá Noel e ós Reis Magos estean completas. Tod@s os nen@s a levaron hoxe impresa para poder escoller na casa, pero aquí vos deixamos a guía en formato dixital para que a poidades consultar en calquera momento.

25N e MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe é o día contra a violencia de xénero. Nas nosas aulas estivemos falando esta semana sobre o tema e aproveitamos a ignaguración oficial da Biblioteca do cole para contar o conto Arturo e Clementina. A historia de Clementina fixo pensar ós pequenos e pequenas sobre a importancia do respeto e a liberdade. Estaban todos súper atentos. Shhh! Ademáis da entrega de carnés para os novos usuarios de tres anos, da presentación oficial da Fada Rosalía e do repaso das normas de uso da Bilio, comezaron a rodar as mochilas viaxeiras que este curso xa comezan as visitas polas casas cheas de libros para compartir coas familias. En cada unha delas vai unha selección de contos e libros que conteñen: 1 libro CD de música en galego 2 libros en inglés (un deles con CD de música) 2 libros en lingua galega 2 libros enlingua castelá 1 libro de arte e manualidades 1 libro para nais e pais Ademáis cada unha das mochilas contén unha libreta viaxeira onde podedes escribir, contar, debuxar

25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A FADA ROSALÍA TEN UN AGASALLO MOI ESPECIAL PARA AS NENAS E NENOS E PARA TÓDOLAS FAMILIAS DE VERDUCEDO. QUEREMOS CELEBRAR ESTE DÍA FACENDO UN CONTACONTOS SOBRE O TEMA DO MALTRATO. É O CONTO  DE ARTURO E CLEMENTINA, DÚAS TARTARUGAS QUE TEÑEN MOITO QUE APRENDER. ESPERO QUE VOS GUSTE

SAMAÍN

Este pasado día 31 de outubro celebramos na nosa escola a festa do Samaín. Decoramos cabazas, nos maquillamos e cantamos e bailamos cancións TERRORIFICAS... Tanta enerxía gastamos que tivemos que parar un anaco para repoñer forzas. Grazas a todas as familias pola súa colaboración. Estaba todo boísimo!!! A partir de contos como,  CORRE, CORRE, CABACIÑA,  descubrimos cancións a partir de códigos QR que levamos a casa e compartimos coas nosas familias, lendo o código co teléfono móvil. CORRE, CORRE CABACIÑA E usamos o préstamo semanal para levar a casa contos de medo, que apareceron dentro dunhas maletas terroríficamente decoradas.

MAGOSTO 2018

E chegou o Magosto, a festa das castañas. Así que grazas á colaboración das familias do centro comemos castañas asadas e  chourizo con pan. Que bos estaban! MAGOSTO NA ESCOLA