Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

DESFILE ENTROIDO 2021

Que mellor xeito de rematar esta semana que desfilando e lucindo os nosos traxes. Este ano non poidemos facer o noso pasarrúas ata o adro, pero fixemos un desfile no patio con pasarela e todo. Mirade, mirade...

!SÉVER OD

 "Me dijeron que en el reino del revés nada el pájaro y vuela el pez" ATENCIÓN! ATENCIÓN! Algo moi raro está pasando na nosa escola. Todo sae do revés!

PEITEADOS TOLOS

Hoxe non sei que pasou que todas as nenas e todos os nenos da escola viñeron sen peitear. Será que a ninguén lle deu tempo a peitearse hoxe? Ou máis ben que nos encanta máis unha troula que unha piruleta? Sexa como sexa mirade que guapérrim@s e divertid@s quedamos!

PIXAMADA DE ENTROIDO

Esta semana estamos facendo os mandadiños do meco e hoxe  tocou vir en PIXAMA! Unha informal á par que elegante vestimenta coa que ademais estivemos comodísimas e comodísimos e o pasamos xenial. Deixamos unha mostra que así o demostra.