Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

25N2020

Non podíamos pasar esta data sen recordar a importancia do respecto entre homes e mulleres e mulleres e homes, en definitiva entre persoas. Por iso hoxe a escola de Verducedo teñiuse de cor morada, e tanto profes como alumnos vestimos camisetas moradas baixo o lema: NON Á VIOLENCIA MACHISTA e traballamos cos nosos pequenos durante as xornadas anteriores o respecto e a igualdade con contos como: NO HAY NADA MÁS ABURRIDO QUE UNA PRINCESA ROSA ARTURO E CLEMENTINA LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA Pero non queda aí o noso traballo, xa que estivemos moitos días bailando, cantando e xogando xunt@s para poder facer este video tan chulo coa canción que escollimos neste día: AZUL e ROSA de Charo Pita.  E as profes quixemos visibilizar este día con unhas fotos moi chulas que queren reivindicar a forza das mulleres para poder facer todo o que se propoñan, si si, todo dende fregar e limpar ata poder mover o mundo. Porque as mulleres somos fortes, valentes, incríbles, poderosas, aventureiras, bra

MAGOSTO

 Si que foi estrano este magosto, acostumados a compartilo con todas as familias da Escola... Pero as cousas non sempre son como un quere e a parte positiva é que poidemos contar con vós para prepararnos unhas magníficas castañas e uns estupendos e xa tradicionais choripans ☺☺☺