Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

#reto25

Xa chegamos ó #reto25 ! E con el un libro súper bonito que nos trasmite a maxia e o amor pola lectura. A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO Para superar o #reto25 tendes que facer a vosa propia montaña, pode ser de libros ou empregando calquer tipo de material: bloques de construción, tubos ou rolos de papel hixiénico, pezas de dominó, cartas...  Queremos ver as vosas torres, aínda que non sexan as máis altas do mundo, serán as máis chulas!

#reto24/ #challenge24

Canto vos gustan os ice cream??? A captain Jack, a fada Rosalía, a Fiti, a Japi e a Maruxa EN-CAN-TAN-LLES! Lembrades a canción na que os nenos e nenas van mercar un ice cream ... e acaban pedindo 10 scoops ??!! Anímate a cantala e a contar con eles! Atentos, porque agora chega o voso turno! Atrevédesvos a facer xeado caseiro ? Podedes empregar infinidade de ingredientes: banana, strawberry, chocolate, yoghurt… Non esquezades mandarnos unha foto do super yummy que vos saíu!

#reto23 CONSEGUIDO!

"De según con que se mire todo depende" decía Pau Donés na famosa canción. Aquí vos deixo as probas de que, certamente todo depende ;)

#reto22 CONSEGUIDO

Preciosas esas burbullas. E divertidas tamén verdade? Mirade os campións do #reto22 Ssshhhh Un segredo: non vos perdades a receita segreda para facer pompas de xabón xigantes que nos regala Giulia no último video. Grazas a todos por participar!

#reto23

Mira que mira mirando me encontré un bicho muy raro....  Que chulísimo este conto, verdade? Depende como se mire a realidade pode parecer máxica e verse dende moitos prismas. Parece divertido darlle algunha volta as cousas, facer que parezan diferentes, buscar un prisma distinto, descubrir ese ańgulo divertido... Vos atrevedes a intentalo? Veña, aquí queda o #reto23! Esperamos as vosas fotos. Mirade algúns exemplos.  

#reto22

E así, como quen non quere a cousa, chegamos ao #reto22 Para celebralo vamos a ver o conto O Peixe Arco da Vella. Escoitádeo con atención. Que vos parece? Chulo, verdade? E agora mira que ideas tan culas para facer pompas. Anímaste? Mándanos as túas fotos!!!

#reto20 CONSEGUIDO!

Menudas merendolas máis xeitosas! Aquí están as súper campeonas do #reto20.

17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada ano os galegos e galegas celebramos esta data tan especial para exaltar a nosa lingua a través da literatura e os heroes e heroínas que axudaron a que chegara aos nosos días, non sen moitas dificultades. Hoxe 17 de maio se cumplen anos da primeira edición de Cantares Gallego da grande Rosalía de Castro. É por isto que decidiuse gardar esta data pata homenaxear cada ano a un ou unha grande da nosa literatura, da nosa lingua e da nosa cultura. Este ano 2020 o escollido foi  Ricardo Carballo Calero, máis coñecido como CARVALHO CALERO. Carvalhho Calero tivo unha vida adicada a defender a nosa lingua e a nosa cultura, escribindo grande cantidade de libros e textos diversos. Vos deixamos aquí algúns videos para celebrar este día. Viñeta do grande Davila para este día. Una versión moi chula do conto As  pitas baixo a choiva. Unha coroa de violetas. É unha composicion de Uxía baseado nun fragmento dun dos poemas de Carvalho Calero. Outra vez Uxía rodeada dun fei

#reto21/ #challenge21

Feliz día da Familia!! Happy Family day!! Mañá, 15 de maio, é unha data importantísima, é o día en que celebramos o moito que queremos á nosa familia, a tódalas persoas que forman parte dela... porque cada familia é un mundo, e ás veces un universo! ✨ Para conmemorar esta data imos cantar un dos grandes éxitos da clase de inglés: Family Finger!  A nosa familia te quere e coida moito tódolos días, hoxe podes coidalos especialmente ti a eles e demostrarlles o importantes que son para ti. Aquí van algunhas ideas: ·        facer un debuxo da túa familia e regalarllo para que o colguen nun lugar especial, ·        aprender unha canción que lles guste e cantala xuntos, ·        regalarlles algo feito por ti, ·        darlles un masaxe con obxectos suaves (un peluche, unha pelota), ·        contarlles un conto que te guste moito, ·        axudalos a preparar unha comida rica... Comparte co resto do cole cómo celebras este día tan especial 😊

#reto20

E co #reto20 chega a semana das Letras Galegas. Este ano se adica ese día tan especial do 17 de maio a Ricardo Carballo, máis coñecido como Carvalho Calero que é como firmaba as súas obras. Carvalho Calero foi profesor, escritor, filólogo, poeta, pensador... Entre as súas obras hoxe ímos destacar unha que se chama  As pitas baixo a choiva  onde conta a historia dunhas pitas que.... mellor mira a adaptación do conto. Chulo, verdade? Tamén A Banda das pitas cederon de xeito libre unhas cancións chulísimas que podedes escoitar se premedes na seguinte imaxe. A bailar coias pitas! E por último, aquí ven o reto. Mirade o seguinte video publicado pola editorial Costa Oeste sobre os persoaxes do conto de Carvalh Calero. O #reto20 consiste en que ti tamén fagas algunha figura coa túa merenda. A ver que se che ocorre!

#reto19 CONSEGUIDO!

Por fin o mal tempo nos deu unha tregua e deixou sair a Mr. Sun para facer esta actividade tan chula. Gustouvos a que si? Mirade cantas fotos enviastes.

#reto18 CONSEGUIDO!

Editamos para ver máis maios! Preciosísimos todos os Maios e composicións que preparastes Moitísimas grazas por participar e deleitarnos con esas composicións tan bonitas