Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2019

OBRADOIROS

A segunda edición dos Obradoiros internivelares xa está en rematada. Nesta ocasión en ARTISTEANDO os pequenos están disfrutando con outra das actividades fantásticas de Hervé Tullet. No obradoiro PLANTAS PLANTAS? non paramos de aprender sobre a terra, este mes estamos plantando diferentes sementes para ver como xerminan, cal crece antes e cal vai máis a modiño.  As masas sensoriais de EXPERIMENTE non paran, nesta ocasión tocoulle o turno a unha "plastilina branda" cunha textura suave e sedosa que da gusto manipular. No obradoiro RRR estamos reciclando ceras, dándolle unha segunda vida a esas ceras que se quedan pequenas e vellas e xa non podemos seguir usando. Se lles damos forma de árbore de nadal e lle poñemos un pouco de brillantina, pasan de ser unhas ceras calesquera a unhas estupendísimas ceras de nadal. Esta semana comenzamos coa terceira edición. A ver cantas sorpresas nos agardan!