Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2024

OBRADOIROS DE MAIO

No mes de maio comezamos novos obradoiros, veña que a Primavera danos ideas para crear e experimentar. Descubrimos a obra de Arcimboldo e creamos con flores naturais un retrato e con flores de papel un autorretrato moi primaveral Experimentamos con pingas de cores mesturando bebida vexetal, aceite e colorante E comezamos a prantar na nosa horta as leitugas máis ricas do mundo mundiaaaaal  

ISTO NON É UNHA CAIXA

 Xogamos no patio coas caixas dos mobles e materiais novos como no conto de Isto non é unha caixa. Xogo libre e a deixar voar a creatividade

OS MAIOS

 O 2 de maio démoslle a benvida ao MES DAS FLORES Coa axuda de Guillermo e coa colaboración das familias conseguimos moitas flores e prantas. Mirade que maio tan bonitiño nos quedou, VIVA A PRIMAVERA

PLANTAMOS UN CARBALLO

 Coa colaboración da Comunidade de Montes plantamos un carballo na escola. A nosa carballeira xa ten o seu carballo que conmemora 25 anos facendo escola e nos lembra que hai que coidar a natureza dende o corazón. 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

 Polo día do Libro fixemos unha bandexa de contos para o patio e durante toda a semana lemos contos ao aire libre. Tamén fixemos un marcapáxinas chulísimos co noso conto favorito.