Saltar ao contido principal

IGNAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe volvemos a abrir completamente as portas da nosa biblioteca. Para iso xuntamos a todo o cole par contar as novidades.
O primeiro, presentar á Fada Rosalía que viu dende moi lonxe porque lle encanta ler e despois de visitar en segredo a nosa biblioteca decidiu quedar para sempre connosco para vixiar que todo funcione correctamente e poder disfrutar de cada un dos libros que alí gardamos. Así que, polo menos se quedará ata que os acabe todos. E como non paramos de descubrir e engadir novos títulos, sabemos que tardará moitísimo tempo en rematalos todos.


A Fada Rosalía trouxo consigo a súa variña máxica (que é unha fada sen variña) e tamén trouxo algunhas normas que todos e todas debemos cumplir. 









Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

Samaín 2023

 Este Samaín foi terrorífico, dende a BiblioVerdu convidamos ás familias a contar contos de medo na escola, foron terroríficamente incríbles e inolvidables, quedousenos cara de susto. Fixemos receitas tradicionais con cabaza e terroríficas con moitas chuches. Disfrazámonos, acendemos as CALIVEIRAS con velas e fixemos unha festa cunha gran merenda feita polas familias e desfrutamos desta festa de benvida ao outono, lembramos os que xa non están e espantamos tódolos nosos medos. A ANPA organizou unha festa terroríficaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa

O ENTROIDO EN VERDUCEDO

 Este ano en Verducedo eleximos a película de Mulán para crear os nosos disfraces.  Mulán cumpre 25 anos como a nosa escola. As mamis fixeron os disfraces de Mulán e Li Shang e prepararon unha supercarroza para o desfile da Xoubiña. Que gran traballo, esforzo e adicación! Sodes as mellores! De luns a xoves seguimos as comandas do Meco e o venres fixemos merendola e desfile. Recibimos a visita da comparsa de Moaña "Delas" e nos axudaron a facer o estandarte con letras chinas  Mirade que ben o pasamos, nin a choiva puido con nós, nunca choveu que non escampara VIVAAAAAAAAAAAAAAAAA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAL