Saltar ao contido principal

SAMAÍN

Este pasado día 31 de outubro celebramos na nosa escola a festa do Samaín.
Decoramos cabazas, nos maquillamos e cantamos e bailamos cancións TERRORIFICAS...
Tanta enerxía gastamos que tivemos que parar un anaco para repoñer forzas. Grazas a todas as familias pola súa colaboración.
Estaba todo boísimo!!!



A partir de contos como, CORRE, CORRE, CABACIÑA, descubrimos cancións a partir de códigos QR que levamos a casa e compartimos coas nosas familias, lendo o código co teléfono móvil.


E usamos o préstamo semanal para levar a casa contos de medo, que apareceron dentro dunhas maletas terroríficamente decoradas.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.