Saltar ao contido principal

OBRADOIROS

A segunda edición dos Obradoiros internivelares xa está en rematada.
Nesta ocasión en ARTISTEANDO os pequenos están disfrutando con outra das actividades fantásticas de Hervé Tullet.

No obradoiro PLANTAS PLANTAS? non paramos de aprender sobre a terra, este mes estamos plantando diferentes sementes para ver como xerminan, cal crece antes e cal vai máis a modiño.

 As masas sensoriais de EXPERIMENTE non paran, nesta ocasión tocoulle o turno a unha "plastilina branda" cunha textura suave e sedosa que da gusto manipular.


No obradoiro RRR estamos reciclando ceras, dándolle unha segunda vida a esas ceras que se quedan pequenas e vellas e xa non podemos seguir usando. Se lles damos forma de árbore de nadal e lle poñemos un pouco de brillantina, pasan de ser unhas ceras calesquera a unhas estupendísimas ceras de nadal.

Esta semana comenzamos coa terceira edición. A ver cantas sorpresas nos agardan!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.