Saltar ao contido principal

#reto03/ #Challenge03

#reto03/ #Challenge03
Xa está aquí o noso querido Pete the cat! O gato máis molón ven disposto a animarnos e poñernos a todos/as a cantar e bailar coa súa historia: I love my white shoes.

Aproveitaremos este conto para clasificar zapatos e de paso traballar un pouco esas mates! Teremos que reunir tódolos zapatos da casa, todos: os meus, os de mamá e papá, os dos meus irmáns... e clasificalos seguindo distintos criterios:
  • Por cores
  • Por tamaño de maior a menor
  • Por sistema de peche : velcro, cremalleira, cordóns
  • Segundo a quen pertencen
  • Todas as que se vos ocorran!
Non esquezades compartir as vosas fotos envíandoas ao correo biblioverdu@gmail.com ou ó teléfono do cole!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.