Saltar ao contido principal

#reto06



O #reto06 está relacionado coa nosa querida PRIMAVERA! Para celebrar a súa chegada propoñemos a seguinte canción:
O primeiro que podemos facer é bailar a tope este rock tan primaveral de xeito libre; chegado un punto da canción darlle a pausa. Nese intre quedaremos quietos como se fóramos estatuas. Ao reanudar a música seguimos bailando de xeito libre.
Outra actividade é a realización dunha pintura primaveral. Poden empregar moitas cores e diferentes materiais, rotuladores, témperas, pintura de dedos, etc.
E xa para finalizar o reto propoñemos esta páxina que poderan realizar diferentes composións artísitcas a partir de elementos da natureza ao estilo do pintor Arccimboldo.
Pincha na imaxe e te redirixirá ó xogo.
Non te olvides de mandarnos as fotos das túas creacións!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.