Saltar ao contido principal

#reto09


#reto09
Como este tempo de cuarentena é para desfrutar en familia, mirade que conto vos preparamos para coñecer os diversos tipos de familias que existen. Xa o limos na escola, e encantounos. Así que a desfrutar xunt@s.
O #reto09 consiste en representar a vosa familia. Pode ser con un debuxo, con figuras, con botóns coma no conto ou cos materiais que se vos ocurran.ou xogar cos botóns que teñades na casa, coma no conto.
Tamén podedes clasificar os botóns por tamaños, formas, cores.....empregalos para crear figuras e formas, e non esquezades sacarvos unha foto ou un video para colgar no blogue.


Hoxe, día 1 de abril, se celebra o día mundial da temática LGTBI. Na escola sentímonos orgullosas e orgullosos de ser respetuosos con todos e cada un dos tipos de familias que existen na nosa comunidade e no mundo. Bicos de todas as cores para tod@s!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O ENTROIDO EN VERDUCEDO

 Este ano en Verducedo eleximos a película de Mulán para crear os nosos disfraces.  Mulán cumpre 25 anos como a nosa escola. As mamis fixeron os disfraces de Mulán e Li Shang e prepararon unha supercarroza para o desfile da Xoubiña. Que gran traballo, esforzo e adicación! Sodes as mellores! De luns a xoves seguimos as comandas do Meco e o venres fixemos merendola e desfile. Recibimos a visita da comparsa de Moaña "Delas" e nos axudaron a facer o estandarte con letras chinas  Mirade que ben o pasamos, nin a choiva puido con nós, nunca choveu que non escampara VIVAAAAAAAAAAAAAAAAA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAL

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

SAÍDA AO MERCADO

O mes de abril, saídas miiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiil Como no conto de Nicolás vai de compras, fomos ó mercado a comprar froita e á panadería a mercar e facer un obradoiro de pan. Visitamos o mercado e mercadillo de Moaña e a Panadería "Buenas Migas" Pasámolo pipaaaaaaaaaaaaaaaaaa