Saltar ao contido principal

#reto14

Hoxe temos unha super sorpresa! A profe Laura animouse a contarnos un conto e estamos encantadísimos porque nos encanta. Verdade? Escoitade con atención.

E agora o #reto14. Recordades este conto tan chulo de Gianni Rodari que se chama "Confundiendo Historias"?
Despois de velo podemos xogar a imaxinarnos que pasaría si uns personaxes se colasen no conto de outros. Se enfadaría Brancaneves se o lobo de Carrapuchiña se colase no seu conto? Ou se a balea de Pinocho fose a parar ó conto de O peixe Arcodavella? Que pasaría se o porquiño mediano intentase pasar a ponte dos Chivos Chivóns?
Imaxinade que pasaría e debuxade para contarnos como remataría a vosa historia.
Esperamos os vosos debuxos co resultado!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.