Saltar ao contido principal

#reto15

Este é un #reto moi especial porque onte teríamos celebrado na escola o Día do Libro.
Aínda que nós lles queremos moitísimo todos os días, sabemos que ese día é moi especial porque é como si fose o seu aniversario. Si! O aniversario de todos os contos. Menuda festa, vos imaxinades nenos e nenas?
Hoxe vos pedimos que colaboredes con nós  no #reto15 para facernos chegar unha foto co voso libro favorito. Se non o tendes podedes buiscar a súa portada en internet, facer un debuxo ou simplemente facervos unha foto co seu título escrito nun papel. Sinxelo verdade?
Gustaríanos moitísimo poder facer un video con todas as vosas fotos

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.