Saltar ao contido principal

#reto21/ #challenge21

Feliz día da Familia!! Happy Family day!!
Mañá, 15 de maio, é unha data importantísima, é o día en que celebramos o moito que queremos á nosa familia, a tódalas persoas que forman parte dela... porque cada familia é un mundo, e ás veces un universo! ✨
Para conmemorar esta data imos cantar un dos grandes éxitos da clase de inglés: Family Finger! 

A nosa familia te quere e coida moito tódolos días, hoxe podes coidalos especialmente ti a eles e demostrarlles o importantes que son para ti. Aquí van algunhas ideas:

·       facer un debuxo da túa familia e regalarllo para que o colguen nun lugar especial,
·       aprender unha canción que lles guste e cantala xuntos,
·       regalarlles algo feito por ti,
·       darlles un masaxe con obxectos suaves (un peluche, unha pelota),
·       contarlles un conto que te guste moito,
·       axudalos a preparar unha comida rica...

Comparte co resto do cole cómo celebras este día tan especial 😊

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.