O día 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE , por iso, para conmemorar este día, os retos desta semana van adicados o coidado da nosa contorna. Escoitade e mirade con atención este conto tan bonito... A ÁRBORE DA ESCOLA. A árbore da escola creceu grazas aos coidados de Pedro e os seus compañeiros e compañeiras; moitos aloumiños e rego. O #reto desta semana é plantar unha semente dalgún froito (pebidas de laranxa, mazá, níspero, sandía...) ou sementes dalgunha legume (garabanzos, fabas, chícharos...). É importante que as pebidas estean moi secas. Podedes plantalas nun vaso de iogurt, nun brik de leite ou zume recortado, latas... ou en calquer recipiente reutilizado que se vos ocorra. Decorádeo como máis vos guste, sabemos que sodes moi creativos e creativas. Aquí tedes algunhas ideas: A idea é, dentro dun tempo, trasplantar as pequenas plantiñas no cole. Recordade que, igual ca árbore da escola, as plantas precisan coidados, moito amor e auga. Sementa...