Saltar ao contido principal

#reto30

O #reto30 será o último reto do curso.
Será un reto diferente esta vez, que nos levará todo o verán conseguir. 
Coñecedes o conto de La Ballena?



Noé atopou un tesouro, unha amizade que non olvidará xamáis. O #reto30 consiste en que fagades o voso bote do verán 2020 con tesouros que atopedes. 
Primeiro deberedes escoller un bote baleiro (serve un de marmelada, de tomate frito, de pementos... ) e durante estos meses de vacacións o iredes enchendo con pequenos tesouros. Esos tesouros poden ser pequenas cunchas da praia, pedras dun paseo especial, follas... Todas aquelas pequenas cousas que poidan ter un significado especial por atopalas nun paseo ou nun día bonito compartido coa familia ou con amigos. 
En setembro podedes enviarnos a foto dos vosos bbotes do verán 2020 e nos encantará velos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.