Si que foi estrano este magosto, acostumados a compartilo con todas as familias da Escola... Pero as cousas non sempre son como un quere e a parte positiva é que poidemos contar con vós para prepararnos unhas magníficas castañas e uns estupendos e xa tradicionais choripans ☺☺☺
Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.
Comentarios
Publicar un comentario