O luns celebramos na escola a nosa festa dos Maios. Trouxemos ó cole fentos, fiuncho, calas, flores, e ovos para vestir a adornar o Maio. Puxemos coroas de pampillos e cantamos e bailamos. Que ben o pasamos!
Tivemos a sorte de contar coa presenza de Guillermo, un veciño que nos axudou a montar o Maio e nos ensinou a canción do Maio Maiolo.
Moitas grazas por vir Guillermo!
Comentarios
Publicar un comentario