O pasado xoves 24 de maio tivemos o pracer de desfrutar dun contacontos con moita historia.
Visitáronnos as antigas mestras de Verdu, Ángeles e Ana e compartimos unha mañá entrañable.
Foron as mestras de moitas mamis, papis e tíos.
Ficamos encantadas cos seus contacontos e agasallos
Coñecimos A CASA DA MOSCA CHOSCA dunha forma moi chusquiña da man de Ana Llebra.
Aprendimos a facer gorros e barcos piratas co CAPITÁN CALABROTE da man de Ángeles.
Encantounos compartir con vós un anaquiño da nosa historia e compartimos con algunhas mamis vivencias lonxanas cargadiñas de emocións.
Comentarios
Publicar un comentario