Saltar ao contido principal

Publicacións

VÁMONOS DE EXCURSIÓN

 Mañá nos vamos a Vigo ao teatro AFundación a ver a animación de títeres de Periferia Teatro. Mirade que lle pasa a Bobo, un pingüino que acaba de ter un irmanciño e convírtese no "Príncipe destronado". 
Publicacións recentes

COELLIÑO DE PASCUA, ONDE ESTÁS?

En Verducedo colouse un coelliño, sería o Coelliño Branco?Nooooooon Foi o Coelliño de Pascua e agochou moitos ovos de chocolate Adiviñade quen os buscou?

OBRADOIROS DE MARZO E ABRIL

 En marzo e abril, obradoiros mil. Nestes meses, andamos en modo artistas cociñando debuxos. Experimentamos coas cores e os materiais e seguimos coa plantación da nosa horta, sachando e limpando para logo transplantar. Como nos gustan os mércores de obradoiros.

8M DÍA DA MULLER

 O 8 de marzo convidamos á escola a dúas mulleres moi traballadoras. Dúas mariscadoras, que nos ensinaron ó duro que é o seu traballo e aprendimos moitas cousas deste traballo tan típico de Moaña. Graciñas Diana e Tere

Obradoiros de febreiro

 En febreiro somos artistas e creamos o noso autorretrato observando a simetría da nosa cara. Os nosos experimentos molan moito, esta vez fixemos masas sensoriais. E na nosa horta todo empeza a cobrar vida, transplantando transplantando todo crece.

COLONIAS CANGUESAS

 O Venres recibimos unha visita moi gatunaaaaaaaaaaaaa COLONIAS CANGUESAS AO RESCATEEEEEEEEEEEEEEE Ensináronnos como coidar os gatiños da rúa e aprendimos moitas cousas gatunas Silvia volve pronto

O ENTROIDO EN VERDUCEDO

 Este ano en Verducedo eleximos a película de Mulán para crear os nosos disfraces.  Mulán cumpre 25 anos como a nosa escola. As mamis fixeron os disfraces de Mulán e Li Shang e prepararon unha supercarroza para o desfile da Xoubiña. Que gran traballo, esforzo e adicación! Sodes as mellores! De luns a xoves seguimos as comandas do Meco e o venres fixemos merendola e desfile. Recibimos a visita da comparsa de Moaña "Delas" e nos axudaron a facer o estandarte con letras chinas  Mirade que ben o pasamos, nin a choiva puido con nós, nunca choveu que non escampara VIVAAAAAAAAAAAAAAAAA O CARNAVAAAAAAAAAAAAAAAAAAL