Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta educación ambiental

Festa dos Maios na EEI Verducedo

 O luns celebramos na escola a nosa festa dos Maios. Trouxemos ó cole fentos, fiuncho, calas, flores, e ovos para vestir a adornar o Maio. Puxemos coroas de pampillos e cantamos e bailamos. Que ben o pasamos! Tivemos a sorte de contar coa presenza de Guillermo, un veciño que nos axudou a montar o Maio e nos ensinou a canción do Maio Maiolo. Moitas grazas por vir Guillermo!

REVITALIZA

 Rocío volveu a visitarnos para recordarnos a importancia do compost e do respecto polas plantas e a natureza. E fíxonos rir tantísimo, que xa estamos esperando que volva o próximo ano :)

PLANTACIÓN DE PRIMAVERA

 Guisantes, leitugas, tomates, albahaca, berenxenas... e flores, moitas flores! Todo iso sementamos na plantación de primavera. Agora toca agardar e regar con moito cariño para ver que nace.

#reto27 CONSEGUIDO!

Fantásticos esos xogos con materiais de refugallo! Temos bolos, un tirachinas e o xogo das chapas. Xenial por este #reto27!

#reto26 CONSEGUIDO!

Actualizamos para engadir novas sementes. Aquí tendes ós campións deste súper reto! Esa semente crecerá moi forte.

#reto27

Aquí tedes o segundo reto da  Semana do Medioambiente .  Partindo do visionado do conto: RANA DE TRES OJOS, un conto chulísimo sobre a importancia de coidar a nosa contorna, propoñemos o seguinte RETO: Elaborar un xogo ou xoguete empregando materiais refugallo, como botes, tapas e outros materiais de plástico, así como tubos, cartón usado.... dándolle así, unha segunda vida. Veredes como este tipo de xogos son tan divertidos, ou máis, que os que mercamos nas tendas.  CONTO EXEMPLOS DE XOGOS E XOGUETES QUE GANIÑAS DE VER AS VOSAS CREACIÓNS! 

#reto26

O día 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE , por iso, para conmemorar este día, os retos desta semana van adicados o coidado da nosa contorna. Escoitade e mirade con atención este conto tan bonito... A ÁRBORE DA ESCOLA. A árbore da escola creceu grazas aos coidados de Pedro e os seus compañeiros e compañeiras; moitos aloumiños e rego. O #reto desta semana é plantar unha semente dalgún froito (pebidas de laranxa, mazá, níspero, sandía...) ou sementes dalgunha legume (garabanzos, fabas, chícharos...). É importante que as pebidas estean moi secas. Podedes plantalas nun vaso de iogurt, nun brik de leite ou zume recortado, latas... ou en calquer recipiente reutilizado que se vos ocorra. Decorádeo como máis vos guste, sabemos que sodes moi creativos e creativas. Aquí tedes algunhas ideas: A idea é, dentro dun tempo, trasplantar as pequenas plantiñas no cole. Recordade que, igual ca árbore da escola, as plantas precisan coidados, moito amor e auga. Sementa...