Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta paz

30 de xaneiro: DÍA da PAZ e da NON VIOLENCIA

O LUNS 30 DE XANEIRO CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ Fixemos un carriño cunha selección de contos de valores Desfrutamos co conto Negros e Brancos Escribimos o Decálogo da Paz Fixemos pulseiras E decoramos o noso patio con cintas de cores que representan que non todo é branco ou negro, somos diferentes e especiais como cada cor do noso arco da vella  

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA

 O 30 de xaneiro celebrouse o Día Escolar da Paz e a non violencia. Este ano tivemos unha visita moi especial, un paiaso de Galiclown viu a visitarnos. GALICLOWN é unha asociación que se dedica a alegrar  un pouco as estancias dos nenos e nenas nos hospitales galegos. Podedes visitar a súa páxina web aquí https://galiclown.org/es/ Para axudalos pedimos a colaboración de todas as familias, que aportaron con moito cariño e non menos esforzo as súas doazóns. Grazas a vós conseguimos recaudar para os paiasos de hospital unha moi xenerosa cantidade !!! Mirade que ben o pasamos!

ABECEDARIO DA PAZ

 Este ano quixemos buscar palabras amorosas e pacíficas para compartir co mundo. Buscámolas, como non podía ser doutro xeito na nosa biblioteca, dentro e fora dos nosos contos. O equipo de biblioteca da EEI Verducedo vos desexa un estupendo día da Paz e da Non Violencia.

DÍA DA PAZ 2021

 Este ano máis que nunca queremos celebrar o Día mundial da Paz e a Non Violencia. Porque estamos a vivir momentos nos que a solidariedade, o respecto e a colaboración farán que pronto poidamos volver á normalidade. Loitando xuntos dende a responsabilidade acabaremos con este virus que tanto nos está facendo sufrir. E coma sempre, os nosos pequenos son o exemplo perfecto, demostrando unha vez máis que podemos acortar as distancias sen necesidade de estar xuntos fisicamente, enviando cos ollos apertas virtuais cheas de enerxía positiva, amor e cariño. Con todos vós o video da Paz de este ano 2021 en colaboración cos nenos e nenas da EEI O Con, xa que non poidemos reunirnos fisicamente fixémolo virtualmente. Esperamos que vos requeteencante!

IMAGINE

Imagine all the people living for today

DÍA DA PAZ

Como xa é tradición celebramos o Día da Paz compartindo unha xornada de convivencia cos nenos e nenas da EEI O Con. Démoslles a benvida cunha canción que preparamos e logo os invitamos a participar con nós das nosas aulas. Os pequenos e pequenas de tres anos limos un conto, compartimos cantigas e fixemos o que mellor se nos da: compartir os xogos da nosa aula. Os nenos e nenas de catro anos tivemos a sorte de contar coa presencia de Ian, o nos auxiliar de conversa que acompañou á teacher Marta no conto A taste of the moon (A que sabe a lúa?). Despois fixeron cooperativamente lúas para decorar o cole. Os maiores compartiron unha experiencia se cabe máis persoal. Por parellas tiveron que debuxarse, convertirse en retratistas por un momento e mirar moi de preto ó outro neno ou nena para poder debuxalo ben. Mentras tanto ían falando e coñecéndose. Despois disfrutamos dunha estupenda merendola, que iso si que une! E como tamén é costume, lles tiñamos preparados u...