Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta galego

MAGOSTO 2023

Magosto na Escola de Verducedo, primeira xuntanza do ano con todas as familias.  Grazas a todas por acompañarnos neste día.

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA

 Berramos, sacamos a lingua e cantamos e bailamos co dúo formado por Brais das Hortas e Peter Punk. Pasamos unha xornada fantástica.

LUDOTECA DE MOAÑA 2023

   Este curso volvemos a recuperar a visita anual á Ludoteca de Moaña onde Sara e Bibi nos reciben sempre con moitísima ilusión e nos ensinan o ben que o podemos pasar alí polas tardes.

CARANVEXORNAL 2023

 Un ano máis participamos na Televisión Escolar de Moaña co noso Caranvexornal. Tamén vos deixamos o enlace ós Caranvexornais anteriors por se queredes volver a disfrutalos ;) https://caranvexo.gal/index.php/centros-tv/category/eei-de-verducedo

SABELA O PAXARO MÁXICO

 Grazas a Esteban de Tarabelos poidemos desfrutar deste espectáculo de títeres e contacontos cheo de maxia, de cor e de ilusión

MAGOSTO EN VERDUCEDO 2022

 Por fin chegou o día no que voltamos a xuntarnos as familias da nosa Escola ó redor dun lume e comendo castañas e choripáns.  Os pequenos gozaron dunha xornada de xogos nos que o deron todo para conseguir encher de selos o tique que lles permitía comer as castañas. Por suposto que todos e todas o pasaron pipa tirando da corda, encestando castañas, facendo equilibrios, derribando botes e correndo para que non lles quitasen o sitio.  Para culminar esa xornada tivemos a sorte de contar con familias voluntarias que viñeron a preparalo todo para a merenda e para compartir con nós o fin de festa con lanzamento de trompos incluído ;) Moitísimas grazas a todas as familias por participar.

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este mes, a  nosa Bibioteca está de celebración doble xa que o 17 de outubro celebramos o día das ESCRITORAS e o 24 de outubro o día das BIBLIOTECAS. Temos a gran sorte de contar con numerosos exemplares na nosa biblioteca, e cunha amplia coleción de fondos escritos exclusivamente por escritoras, así que decidimos celebrar ambos eventos xuntos. Fixemos unha primeira escolla de libros e puxemos unha condición para o préstamo desa semana: todos e todas tiñan que escoller para levar a casa un conto escrito por unha muller. Houbo quen fixo doblete e se decatou de que o seu libro estaba escrito e ilustrado por mulleres.  Bravo polo noso alumnado, bravo polas mulleres escritoras e bravo polas Bilbiotecas!

OBRADOIROS OUTUBRO2022

 Aquí vos presentamos un resumo dos nosos primeiros obradoiros internivelares deste curso! Os cativos poideron disfrutar durante o mes de outubro dos obradoiros de : -     ARTISTEANDO: pantasmas e morcegos -    NATURARRRTE: pelochos peludos -    EXPERIMENTE: cabazas con espuma deafeitar Todos os nenos e nenas pasaron por todos os obradoiros gozando de todas as actividades, aprendendo e experimentando diferentes técnicas, texturas e creacións. Que sorpresas nos traerán os obradoiros de novembro???

Primeiros días na Escola de Verducedo

 Chegou o día que todas esperábamos, un novo curso cheo de ilusión, de novos retos, de novas caras, de novas ideas e de novas aventuras. Un curso cheo de cousas por compartir, xa que este ano poderemos volver a compartir as entradas, os patios, as festas, os obradoiros e, sobre todo, as apertas e os sorrisos. Aquí vos deixamos unha mostra de cousiñas que pasaron durante estos primeiros días e vos desexamos un MOI MOI MOI FELIZ CURSO 2022/2023!!!!

MÁIS SAMAÍN

 E como non podía ser de ouitro xeito... as profes tamén fixeron o seu conto. FELIZ SAMAÍN!!!

17 MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada ano os galegos e galegas celebramos esta data tan especial para exaltar a nosa lingua a través da literatura e os heroes e heroínas que axudaron a que chegara aos nosos días, non sen moitas dificultades. Hoxe 17 de maio se cumplen anos da primeira edición de Cantares Gallego da grande Rosalía de Castro. É por isto que decidiuse gardar esta data pata homenaxear cada ano a un ou unha grande da nosa literatura, da nosa lingua e da nosa cultura. Este ano 2020 o escollido foi  Ricardo Carballo Calero, máis coñecido como CARVALHO CALERO. Carvalhho Calero tivo unha vida adicada a defender a nosa lingua e a nosa cultura, escribindo grande cantidade de libros e textos diversos. Vos deixamos aquí algúns videos para celebrar este día. Viñeta do grande Davila para este día. Una versión moi chula do conto As  pitas baixo a choiva. Unha coroa de violetas. É unha composicion de Uxía baseado nun fragmento dun dos poemas de Carvalho Calero. Outra vez Uxía rodead...

#reto20

E co #reto20 chega a semana das Letras Galegas. Este ano se adica ese día tan especial do 17 de maio a Ricardo Carballo, máis coñecido como Carvalho Calero que é como firmaba as súas obras. Carvalho Calero foi profesor, escritor, filólogo, poeta, pensador... Entre as súas obras hoxe ímos destacar unha que se chama  As pitas baixo a choiva  onde conta a historia dunhas pitas que.... mellor mira a adaptación do conto. Chulo, verdade? Tamén A Banda das pitas cederon de xeito libre unhas cancións chulísimas que podedes escoitar se premedes na seguinte imaxe. A bailar coias pitas! E por último, aquí ven o reto. Mirade o seguinte video publicado pola editorial Costa Oeste sobre os persoaxes do conto de Carvalh Calero. O #reto20 consiste en que ti tamén fagas algunha figura coa túa merenda. A ver que se che ocorre!
Na Escola de Verducedo estamos moi orgullosas de estrenar o noso primeiro  CARANVEXORNAL!!! Se pinchades na imaxe de abaixo poderedes velo e escoitar de primeira man o fantástico equipo de reporteiros e reporteiras que temos  na nosa escola. Grazas a todos os nenos e nenas da escola que participaron nos videos coa maior das ilusións, a todas as profes que foron pouco a pouco aportando contidos, en especial á profe SARA que fixo o esforzo de gravar a maior parte das esceas e editar e montar o video para que todo estivera a tempo para a gran estrea de hoxe. Collede as palomitas e a disfrutar! CARANVEXORNAL EEI VERDUCEDO