Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta animación á lectura

Familias que contan

 Grazas as tres primeiras familias que viñeron a contar con nós durante estas semanas. Gerando e Joel Sara e Martina acompañadas por Gustavo Lupe, Laura e Bruno

Feira do Libro

En Verducedo queremos celebrar a nosa particular Feira do Libro!   Durante a semana do 24 ao 28 de abril podes traer ao cole libros que xa non queiras, que xa non che gusten ou que che gusten tantísimo que queiras compartir cos demáis e intercambialo por outro. O intercambio está pensado para toda a familia, polo que os libros poden ser infantís ou de adultos. Por cada libro que traias conseguirás un vale, que poderás canxear por outro libro. Recolleremos os libros a partir do luns ata o venres, e o vindeiro martes 9 de maio, en horario de 15:30 a 17h teremos a nosa particular  Feira do Libro, onde poderás escoller entre todos os que recaudemos.

SABELA O PAXARO MÁXICO

 Grazas a Esteban de Tarabelos poidemos desfrutar deste espectáculo de títeres e contacontos cheo de maxia, de cor e de ilusión

FEIRA DO LIBRO EN VERDUCEDO

 Moipto éxito tivo a nosa particular Feira do Libro! Moitas grazas a todas as familias que colaborastes e que vos achegastes ata a escola para escoller novos títulos e darlles unha segunda vida.

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este mes, a  nosa Bibioteca está de celebración doble xa que o 17 de outubro celebramos o día das ESCRITORAS e o 24 de outubro o día das BIBLIOTECAS. Temos a gran sorte de contar con numerosos exemplares na nosa biblioteca, e cunha amplia coleción de fondos escritos exclusivamente por escritoras, así que decidimos celebrar ambos eventos xuntos. Fixemos unha primeira escolla de libros e puxemos unha condición para o préstamo desa semana: todos e todas tiñan que escoller para levar a casa un conto escrito por unha muller. Houbo quen fixo doblete e se decatou de que o seu libro estaba escrito e ilustrado por mulleres.  Bravo polo noso alumnado, bravo polas mulleres escritoras e bravo polas Bilbiotecas!

BÚSQUEDA DO TESOURO

 O Capitán Pirata Barbarroja deixou escondido na nosa Escola un gran tesouro. Os nenos e nenas da clase de cinco anos foron os encargados de seguir todas as pistas ata atopalo. E, por suposto, deron con el!

SAMAÍN NA ESCOLA DE VERDUCEDO

 Estes días foron auténticamente terroríficos.  E para que nos creades aquí vos deixamos algúns documentos gráficos. Procurade non asustarvos demasiado.....