Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta primavera

REVITALIZA

 Rocío volveu a visitarnos para recordarnos a importancia do compost e do respecto polas plantas e a natureza. E fíxonos rir tantísimo, que xa estamos esperando que volva o próximo ano :)

Easter Egg Hunt 2023

Un ano máis, chegou Easter Bunny á escola! Espallou deliciosos ovos de chocolate por tooodo o patio. Estaban tan escondidos que tivemos que buscar e rebuscar ata atopar todos. Despois fixemos un marabilloso picnic ao sol da primavera. Ata o ano que vén, Easter Bunny!

ROSALÍA EN PRIMAVERA

Hoxe 21 de marzo ademáis de dar comenzo á primavera celebramos o Día da Poesía. E que mellor xeito de facelo que homenaxeando á nosa Rosalía de Castro e unindo poesía e primavera.