Fixemos a nosa xa tradicional Pizza Party coa Teacher e a axuda, nesta ocasión, do profe Rubén. Queríamos deixarvos un pouquiño para probar, pero non quedou nin miga!
Un ano máis, chegou Easter Bunny á escola! Espallou deliciosos ovos de chocolate por tooodo o patio. Estaban tan escondidos que tivemos que buscar e rebuscar ata atopar todos. Despois fixemos un marabilloso picnic ao sol da primavera. Ata o ano que vén, Easter Bunny!