Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta mochilas viaxeiras
 Bo día familias! Hoxe parten xa as nosas Mochilas Viaxeiras camiño das vosas casas. Non vos olvidedes de disfrutalas moito moitísimo ;)

PROTOCOLO DEVOLUCIÓN LIBROS BIBLIOTECA

Durante os vindeiros días todos e todas viredes á escola a recoller as cousas dos nenos e nenas. Debedes acordarvos de traer os libros que tendes en préstamo da biblioteca e as mochilas viaxeiras para poder disfrutalas de novo o vindeiro curso. Seguide as instrucións que vos deixamos a continuación para evitar contactos e riscos innecesarios. Bicos a todos e todas.

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!

Aínda que a nosa biblio leva xa uns meses funcionando, hoxe tivemos por fin a súa inauguración oficial. Coa axuda dos máis maiores da nosa escola lles contamos os novos alumn@s de tres anos como funciona o préstamo de tarde, cantos libros se poden levar ou por canto tempo.  Tamén falamos de algúns cambios no funcionamento como por exemplo a nova ubicación da Biblioteca de Familias ,  agora este recanto con literatura para adultos estará ubicado na entrada do cole para que poidades acceder máis facilmente. Tamén falamos sobre a nova organización dos exemplares. Como novidade, a partir deste ano estarán organizados polas letras do seu título, de maneira que cada caixa leva unha letra do abecedario e garda os contos que comenzan por esa letra. Hoxe tamén foi un día especial xa que puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras . Sabedes que estas mochilas viaxarán ás vosas casas e estarán durante unha semana, na que poderedes disfrutar en familia dos exemplares que viaxan dentro ...

25N e MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe é o día contra a violencia de xénero. Nas nosas aulas estivemos falando esta semana sobre o tema e aproveitamos a ignaguración oficial da Biblioteca do cole para contar o conto Arturo e Clementina. A historia de Clementina fixo pensar ós pequenos e pequenas sobre a importancia do respeto e a liberdade. Estaban todos súper atentos. Shhh! Ademáis da entrega de carnés para os novos usuarios de tres anos, da presentación oficial da Fada Rosalía e do repaso das normas de uso da Bilio, comezaron a rodar as mochilas viaxeiras que este curso xa comezan as visitas polas casas cheas de libros para compartir coas familias. En cada unha delas vai unha selección de contos e libros que conteñen: 1 libro CD de música en galego 2 libros en inglés (un deles con CD de música) 2 libros en lingua galega 2 libros enlingua castelá 1 libro de arte e manualidades 1 libro para nais e pais Ademáis cada unha das mochilas contén unha libreta viaxeira onde podedes escribir, contar, debuxar ...