Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta festa

MAGOSTO 2023

Magosto na Escola de Verducedo, primeira xuntanza do ano con todas as familias.  Grazas a todas por acompañarnos neste día.

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-2023

 Este é o momento no que nos damos conta de que si, que é certo, que rematou o curso e que para o próximo estes pequenos (xa non tanto ;)) estarán nos seus respectivos coles de maiores.  Así dende a escola decímoslles que lles soltamos a man, pero que estremos aquí sempre que o precisen. Mil bico e mil grazas

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA

 Berramos, sacamos a lingua e cantamos e bailamos co dúo formado por Brais das Hortas e Peter Punk. Pasamos unha xornada fantástica.

Festa dos Maios na EEI Verducedo

 O luns celebramos na escola a nosa festa dos Maios. Trouxemos ó cole fentos, fiuncho, calas, flores, e ovos para vestir a adornar o Maio. Puxemos coroas de pampillos e cantamos e bailamos. Que ben o pasamos! Tivemos a sorte de contar coa presenza de Guillermo, un veciño que nos axudou a montar o Maio e nos ensinou a canción do Maio Maiolo. Moitas grazas por vir Guillermo!