Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

Easter Egg Hunt 2023

Un ano máis, chegou Easter Bunny á escola! Espallou deliciosos ovos de chocolate por tooodo o patio. Estaban tan escondidos que tivemos que buscar e rebuscar ata atopar todos. Despois fixemos un marabilloso picnic ao sol da primavera. Ata o ano que vén, Easter Bunny!

SAÍDA PONTEVEDRA "VEXO VEXO"

Viaxamos ata Pontevedra para ver a exposición VEXO, VEXO, QUE VES? de Afundación.  Pasámolo pipa mirando e curando as obras de arte, creando e dando vida a bechos e merendando e xogando despois no parque.

OBRADOIROS MARZO 2023

 Despois do descanso polo entroido voltamos cos obradoiros internivelares na escola. Desta volta foron moi primaverales ;)

SABELA O PAXARO MÁXICO

 Grazas a Esteban de Tarabelos poidemos desfrutar deste espectáculo de títeres e contacontos cheo de maxia, de cor e de ilusión

FEIRA DO LIBRO EN VERDUCEDO

 Moipto éxito tivo a nosa particular Feira do Libro! Moitas grazas a todas as familias que colaborastes e que vos achegastes ata a escola para escoller novos títulos e darlles unha segunda vida.