Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta día do libro

#reto15

Este é un #reto moi especial porque onte teríamos celebrado na escola o Día do Libro. Aínda que nós lles queremos moitísimo todos os días, sabemos que ese día é moi especial porque é como si fose o seu aniversario. Si! O aniversario de todos os contos. Menuda festa, vos imaxinades nenos e nenas? Hoxe vos pedimos que colaboredes con nós  no #reto15 para facernos chegar unha foto co voso libro favorito. Se non o tendes podedes buiscar a súa portada en internet, facer un debuxo ou simplemente facervos unha foto co seu título escrito nun papel. Sinxelo verdade? Gustaríanos moitísimo poder facer un video con todas as vosas fotos

#reto14

Hoxe temos unha super sorpresa! A profe Laura animouse a contarnos un conto e estamos encantadísimos porque nos encanta. Verdade? Escoitade con atención. E agora o #reto14. Recordades este conto tan chulo de Gianni Rodari que se chama "Confundiendo Historias"? Despois de velo podemos xogar a imaxinarnos que pasaría si uns personaxes se colasen no conto de outros. Se enfadaría Brancaneves se o lobo de Carrapuchiña se colase no seu conto? Ou se a balea de Pinocho fose a parar ó conto de O peixe Arcodavella? Que pasaría se o porquiño mediano intentase pasar a ponte dos Chivos Chivóns? Imaxinade que pasaría e debuxade para contarnos como remataría a vosa historia. Esperamos os vosos debuxos co resultado!

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde 1967 cada 2 de abril celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen . O seu obxectivo é fomentar e espertar o interese e o amor pola lectura nas nenas e nenos e na mocidade. E poder facer así, un hábito de vida. Por que HANS CHRISTIAN ANDERSEN? Este foi o primeiro gran clásico da Literatura Infantil sendo unha figura fundamental deste xénero de tódolos tempos. A súa obra “ Clásicos para nenos” está caracterizada pola súa sensibilidade á hora de esculpir personaxes como o “Sastriño Valente”, “A sereíña” ou “O patiño feo”. Antes da súa chegada, a Literatura Infantil era considerada subliteratura, non se lle daba o mesmo valor que a adulta. Na actualidade esta situación mudou considerablemente. A Literatura Infantil é obxecto de análise e de crítica. Incluso ten os seus propios premios e a súa propia lista de Bestsellers. Os autores teñen en conta os gustos e as necesidades infantís. Así pois,...