Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 25N

ENVÍO ESPECIAL

 O venres pasado viñeron á nosa escola Susana e Serafín a recoller un pedido moi moi  especial.  Que será será?  Non volo podemos contar todavía pero pronto o descubriredes... Ademáis nos trouxeron un regalo para cada un de nós, o libro de  Óscar y el león de correos.  Moitísimas grazas pola vosa visita.

25N EU APÚNTOME Ó BO TRATO

    Este 25 de novembro celebrammos na escola o día contra a violencia de xénero apuntándonos ó BO TRATO entre iguais. Todos e todas os que nos apuntamos decoramos unha pulseira para recordalo. No seguinte video podedes ver a nosa realidade, nenos e nenas xogando xuntos e rexeitando a violencia en calquera das súas formas.

25N2020

Non podíamos pasar esta data sen recordar a importancia do respecto entre homes e mulleres e mulleres e homes, en definitiva entre persoas. Por iso hoxe a escola de Verducedo teñiuse de cor morada, e tanto profes como alumnos vestimos camisetas moradas baixo o lema: NON Á VIOLENCIA MACHISTA e traballamos cos nosos pequenos durante as xornadas anteriores o respecto e a igualdade con contos como: NO HAY NADA MÁS ABURRIDO QUE UNA PRINCESA ROSA ARTURO E CLEMENTINA LAS PRINCESAS USAN BOTAS DE MONTAÑA Pero non queda aí o noso traballo, xa que estivemos moitos días bailando, cantando e xogando xunt@s para poder facer este video tan chulo coa canción que escollimos neste día: AZUL e ROSA de Charo Pita.  E as profes quixemos visibilizar este día con unhas fotos moi chulas que queren reivindicar a forza das mulleres para poder facer todo o que se propoñan, si si, todo dende fregar e limpar ata poder mover o mundo. Porque as mulleres somos fortes, valentes, incríbles, poderosas, aventureiras,...