Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta normas

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA!

Aínda que a nosa biblio leva xa uns meses funcionando, hoxe tivemos por fin a súa inauguración oficial. Coa axuda dos máis maiores da nosa escola lles contamos os novos alumn@s de tres anos como funciona o préstamo de tarde, cantos libros se poden levar ou por canto tempo.  Tamén falamos de algúns cambios no funcionamento como por exemplo a nova ubicación da Biblioteca de Familias ,  agora este recanto con literatura para adultos estará ubicado na entrada do cole para que poidades acceder máis facilmente. Tamén falamos sobre a nova organización dos exemplares. Como novidade, a partir deste ano estarán organizados polas letras do seu título, de maneira que cada caixa leva unha letra do abecedario e garda os contos que comenzan por esa letra. Hoxe tamén foi un día especial xa que puxemos en marcha as Mochilas Viaxeiras . Sabedes que estas mochilas viaxarán ás vosas casas e estarán durante unha semana, na que poderedes disfrutar en familia dos exemplares que viaxan dentro ...

IGNAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe volvemos a abrir completamente as portas da nosa biblioteca. Para iso xuntamos a todo o cole par contar as novidades. O primeiro, presentar á Fada Rosalía que viu dende moi lonxe porque lle encanta ler e despois de visitar en segredo a nosa biblioteca decidiu quedar para sempre connosco para vixiar que todo funcione correctamente e poder disfrutar de cada un dos libros que alí gardamos. Así que, polo menos se quedará ata que os acabe todos. E como non paramos de descubrir e engadir novos títulos, sabemos que tardará moitísimo tempo en rematalos todos. A Fada Rosalía trouxo consigo a súa variña máxica (que é unha fada sen variña) e tamén trouxo algunhas normas que todos e todas debemos cumplir.