Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta préstamos

DÍA DAS ESCRITORAS E DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este mes, a  nosa Bibioteca está de celebración doble xa que o 17 de outubro celebramos o día das ESCRITORAS e o 24 de outubro o día das BIBLIOTECAS. Temos a gran sorte de contar con numerosos exemplares na nosa biblioteca, e cunha amplia coleción de fondos escritos exclusivamente por escritoras, así que decidimos celebrar ambos eventos xuntos. Fixemos unha primeira escolla de libros e puxemos unha condición para o préstamo desa semana: todos e todas tiñan que escoller para levar a casa un conto escrito por unha muller. Houbo quen fixo doblete e se decatou de que o seu libro estaba escrito e ilustrado por mulleres.  Bravo polo noso alumnado, bravo polas mulleres escritoras e bravo polas Bilbiotecas!

PROTOCOLO DEVOLUCIÓN LIBROS BIBLIOTECA

Durante os vindeiros días todos e todas viredes á escola a recoller as cousas dos nenos e nenas. Debedes acordarvos de traer os libros que tendes en préstamo da biblioteca e as mochilas viaxeiras para poder disfrutalas de novo o vindeiro curso. Seguide as instrucións que vos deixamos a continuación para evitar contactos e riscos innecesarios. Bicos a todos e todas.