Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

IGNAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe volvemos a abrir completamente as portas da nosa biblioteca. Para iso xuntamos a todo o cole par contar as novidades. O primeiro, presentar á Fada Rosalía que viu dende moi lonxe porque lle encanta ler e despois de visitar en segredo a nosa biblioteca decidiu quedar para sempre connosco para vixiar que todo funcione correctamente e poder disfrutar de cada un dos libros que alí gardamos. Así que, polo menos se quedará ata que os acabe todos. E como non paramos de descubrir e engadir novos títulos, sabemos que tardará moitísimo tempo en rematalos todos. A Fada Rosalía trouxo consigo a súa variña máxica (que é unha fada sen variña) e tamén trouxo algunhas normas que todos e todas debemos cumplir.