Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta familia

MAGOSTO 2023

Magosto na Escola de Verducedo, primeira xuntanza do ano con todas as familias.  Grazas a todas por acompañarnos neste día.

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-2023

 Este é o momento no que nos damos conta de que si, que é certo, que rematou o curso e que para o próximo estes pequenos (xa non tanto ;)) estarán nos seus respectivos coles de maiores.  Así dende a escola decímoslles que lles soltamos a man, pero que estremos aquí sempre que o precisen. Mil bico e mil grazas

Familias que contan

 Grazas as tres primeiras familias que viñeron a contar con nós durante estas semanas. Gerando e Joel Sara e Martina acompañadas por Gustavo Lupe, Laura e Bruno

FEIRA DO LIBRO EN VERDUCEDO

 Moipto éxito tivo a nosa particular Feira do Libro! Moitas grazas a todas as familias que colaborastes e que vos achegastes ata a escola para escoller novos títulos e darlles unha segunda vida.

ENTROIDO NA EEI VERDUCEDO 2023

 Menudo circo o da nosa escola! Despois de dous anos volvemos a xuntarnos para celebrar o entroido e desfilar pola vila e a festa non podía ser pouca. Moitas grazas a todas as familias por achegarvos a desfilar con nós! VIVA O ENTROIDO!!!!

BENVIDO 2023

 Badaladas, chocolate con churros, visita das S.S. M.M. os Reis Magos de Oriente e festa, sobre todo moita festa. Grazas a todas as familias por atopar un ratiño para compartilo con nós, e como di a canción que en el año que viene a ver si en vez de un millón pueden ser dos .

MAGOSTO EN VERDUCEDO 2022

 Por fin chegou o día no que voltamos a xuntarnos as familias da nosa Escola ó redor dun lume e comendo castañas e choripáns.  Os pequenos gozaron dunha xornada de xogos nos que o deron todo para conseguir encher de selos o tique que lles permitía comer as castañas. Por suposto que todos e todas o pasaron pipa tirando da corda, encestando castañas, facendo equilibrios, derribando botes e correndo para que non lles quitasen o sitio.  Para culminar esa xornada tivemos a sorte de contar con familias voluntarias que viñeron a preparalo todo para a merenda e para compartir con nós o fin de festa con lanzamento de trompos incluído ;) Moitísimas grazas a todas as familias por participar.

SAMAIN 2022ÍN NA EEI VERDUCEDO 2022

Esta última semana os nenos e nenas da nosa escola estivémolo pasando de medo... Fixemos obradoiros de cociña montruosa, decoracións, maquillaxes terroríficos e festas a escuras. E, como non, merendola! Grazas familias pola cantidade de postres e doces terroríficos que trouxestes para compartir. Moitos bicos e feliz Samaín 👻👻👻👻

SAMAÍN 2021

 Que sorte temos de ter unhas familias así de artistas... Mirade que videos máis terroríficos temos este ano.

CONTACONTOS VIRTUAIS DE SAMAÍN

 Este ano as familias, contáronnos contos virtuais dende a casa. Mirade e escoitade que terroríficos quedaron! Esperamos que vos gusten.  Á Fada Rosalía, ás mestras e @s nen@s encantáronlles! Sodes uns grandes contacontos! Graciñas familias!. https://photos.google.com/photo/AF1QipO2dbyW-Wod0ZyKwtKxM2KwZxnVHNBGycO0fa1v

#reto17 CONSEGUIDO!

Editamos para máis fotos. Mirade que fotos tan divertidas! Sodes uns verdadeiros artistas.

#reto16

Chegou o momento taaan esperado. Despois de tantos días mirando as rúas valeiras dende as nosas fiestras, por fin podemos saír a pasear, a correr a voar... Pero sabedes que aínda que podemos saír debemos facelo con coidado e cumplindo sempre as normas. Pero iso non nos impide ir de aventura verdade? Volver a cheirar as flores, mirar as cores, sentir o aire, o vento... ou a CAZAR UN OSO. Vamos??? Para o #reto16 vos pedimos que nos enviedes unha foto da vosa primeira  saída. Queremos verte saltando, correndo ou simplemente paseando. Iso si, si te atopas con un oso faite un selfie con el 😉

#reto15

Este é un #reto moi especial porque onte teríamos celebrado na escola o Día do Libro. Aínda que nós lles queremos moitísimo todos os días, sabemos que ese día é moi especial porque é como si fose o seu aniversario. Si! O aniversario de todos os contos. Menuda festa, vos imaxinades nenos e nenas? Hoxe vos pedimos que colaboredes con nós  no #reto15 para facernos chegar unha foto co voso libro favorito. Se non o tendes podedes buiscar a súa portada en internet, facer un debuxo ou simplemente facervos unha foto co seu título escrito nun papel. Sinxelo verdade? Gustaríanos moitísimo poder facer un video con todas as vosas fotos

#reto05 SUPERADO

Engadimos novas fotos deste #reto05 Bravo polos valientes que escolleron a súa cor favorita para vestirse hoxe! ARI SÚPER MATEO, ISA E AITOR SÚPER GIULIA PROFE SARA E ALEX HUGO, ROI E A PROFE NOELA

#reto 02 superado!!!!

Editamos para compartir máis fotos do #reto02. Aqui están as mostras de ter superado o #reto02. Recoñeces as túas uñas? Incluso hai participantes de outros coles 😊 Moitas grazas por participar! Editamos para engadir novos participantes! Moitísimas gracias 😘 Ari, Cloe e os seus papis Hugo e Patry Izan e Lía Xan Roi Sara Laura e Claudia