Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta retos

#reto30

O #reto30 será o último reto do curso. Será un reto diferente esta vez, que nos levará todo o verán conseguir.  Coñecedes o conto de La Ballena? Noé atopou un tesouro, unha amizade que non olvidará xamáis. O #reto30 consiste en que fagades o voso bote do verán 2020 con tesouros que atopedes.  Primeiro deberedes escoller un bote baleiro (serve un de marmelada, de tomate frito, de pementos... ) e durante estos meses de vacacións o iredes enchendo con pequenos tesouros. Esos tesouros poden ser pequenas cunchas da praia, pedras dun paseo especial, follas... Todas aquelas pequenas cousas que poidan ter un significado especial por atopalas nun paseo ou nun día bonito compartido coa familia ou con amigos.  En setembro podedes enviarnos a foto dos vosos bbotes do verán 2020 e nos encantará velos.

#reto29

Sabedes como se fai a mellor sopa do mundo? Pois mirade  o conto para descubrilo... A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo . E aquí tendes a canción do conto para que bailedes coma tolos https://youtu.be/qhaJBOWxURk E ti, te atreverías a probar un bocadillo de saltamontes ou unha pizza de grilos e grelos? O #reto29 consiste en facer unha RECEITA ALOCADA cos ingredientes máis tolos que se vos ocurran. Pero tranquilos, só tendes que facelo sobre o papel! Escribide os ingredientes, o modo de facelo e non vos olvidedes de facer un debuxo do resultado final. A cociñar!

#reto28/ #challenge28

Quen dixo que as xirafas non poden bailar? No conto Giraffes can't dan ce, a xirafa Chufa ensínanos que non hai nada imposible e que todos temos habilidades e virtudes moi valiosas.  Everything is possible.  Mira o ben que o pasan os animais bailando rock&roll, vals, tango, chachachá... Pois ben, queremos animarvos a facer unha divertida sesión de baile deixándovos levar pola música! Ou se vos atrevedes podedes inventar unha coreografía 💃🎊 Let's dance! Compartide cos demais o ben que o pasades! Lembrade mandar as fotos ou vídeos a biblioverdu@gmail.com ou ao whatsapp do cole.

#reto27

Aquí tedes o segundo reto da  Semana do Medioambiente .  Partindo do visionado do conto: RANA DE TRES OJOS, un conto chulísimo sobre a importancia de coidar a nosa contorna, propoñemos o seguinte RETO: Elaborar un xogo ou xoguete empregando materiais refugallo, como botes, tapas e outros materiais de plástico, así como tubos, cartón usado.... dándolle así, unha segunda vida. Veredes como este tipo de xogos son tan divertidos, ou máis, que os que mercamos nas tendas.  CONTO EXEMPLOS DE XOGOS E XOGUETES QUE GANIÑAS DE VER AS VOSAS CREACIÓNS! 

#reto26

O día 5 de xuño celébrase o DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE , por iso, para conmemorar este día, os retos desta semana van adicados o coidado da nosa contorna. Escoitade e mirade con atención este conto tan bonito... A ÁRBORE DA ESCOLA. A árbore da escola creceu grazas aos coidados de Pedro e os seus compañeiros e compañeiras; moitos aloumiños e rego. O #reto desta semana é plantar unha semente dalgún froito (pebidas de laranxa, mazá, níspero, sandía...) ou sementes dalgunha legume (garabanzos, fabas, chícharos...). É importante que as pebidas estean moi secas. Podedes plantalas nun vaso de iogurt, nun brik de leite ou zume recortado, latas... ou en calquer recipiente reutilizado que se vos ocorra. Decorádeo como máis vos guste, sabemos que sodes moi creativos e creativas. Aquí tedes algunhas ideas: A idea é, dentro dun tempo, trasplantar as pequenas plantiñas no cole. Recordade que, igual ca árbore da escola, as plantas precisan coidados, moito amor e auga. Sementa...

#reto25

Xa chegamos ó #reto25 ! E con el un libro súper bonito que nos trasmite a maxia e o amor pola lectura. A MONTAÑA DE LIBROS MÁIS ALTA DO MUNDO Para superar o #reto25 tendes que facer a vosa propia montaña, pode ser de libros ou empregando calquer tipo de material: bloques de construción, tubos ou rolos de papel hixiénico, pezas de dominó, cartas...  Queremos ver as vosas torres, aínda que non sexan as máis altas do mundo, serán as máis chulas!

#reto24/ #challenge24

Canto vos gustan os ice cream??? A captain Jack, a fada Rosalía, a Fiti, a Japi e a Maruxa EN-CAN-TAN-LLES! Lembrades a canción na que os nenos e nenas van mercar un ice cream ... e acaban pedindo 10 scoops ??!! Anímate a cantala e a contar con eles! Atentos, porque agora chega o voso turno! Atrevédesvos a facer xeado caseiro ? Podedes empregar infinidade de ingredientes: banana, strawberry, chocolate, yoghurt… Non esquezades mandarnos unha foto do super yummy que vos saíu!

#reto23

Mira que mira mirando me encontré un bicho muy raro....  Que chulísimo este conto, verdade? Depende como se mire a realidade pode parecer máxica e verse dende moitos prismas. Parece divertido darlle algunha volta as cousas, facer que parezan diferentes, buscar un prisma distinto, descubrir ese ańgulo divertido... Vos atrevedes a intentalo? Veña, aquí queda o #reto23! Esperamos as vosas fotos. Mirade algúns exemplos.  

#reto22

E así, como quen non quere a cousa, chegamos ao #reto22 Para celebralo vamos a ver o conto O Peixe Arco da Vella. Escoitádeo con atención. Que vos parece? Chulo, verdade? E agora mira que ideas tan culas para facer pompas. Anímaste? Mándanos as túas fotos!!!

#reto20

E co #reto20 chega a semana das Letras Galegas. Este ano se adica ese día tan especial do 17 de maio a Ricardo Carballo, máis coñecido como Carvalho Calero que é como firmaba as súas obras. Carvalho Calero foi profesor, escritor, filólogo, poeta, pensador... Entre as súas obras hoxe ímos destacar unha que se chama  As pitas baixo a choiva  onde conta a historia dunhas pitas que.... mellor mira a adaptación do conto. Chulo, verdade? Tamén A Banda das pitas cederon de xeito libre unhas cancións chulísimas que podedes escoitar se premedes na seguinte imaxe. A bailar coias pitas! E por último, aquí ven o reto. Mirade o seguinte video publicado pola editorial Costa Oeste sobre os persoaxes do conto de Carvalh Calero. O #reto20 consiste en que ti tamén fagas algunha figura coa túa merenda. A ver que se che ocorre!

#reto17 CONSEGUIDO!

Editamos para máis fotos. Mirade que fotos tan divertidas! Sodes uns verdadeiros artistas.

#reto16

Chegou o momento taaan esperado. Despois de tantos días mirando as rúas valeiras dende as nosas fiestras, por fin podemos saír a pasear, a correr a voar... Pero sabedes que aínda que podemos saír debemos facelo con coidado e cumplindo sempre as normas. Pero iso non nos impide ir de aventura verdade? Volver a cheirar as flores, mirar as cores, sentir o aire, o vento... ou a CAZAR UN OSO. Vamos??? Para o #reto16 vos pedimos que nos enviedes unha foto da vosa primeira  saída. Queremos verte saltando, correndo ou simplemente paseando. Iso si, si te atopas con un oso faite un selfie con el 😉

#reto15

Este é un #reto moi especial porque onte teríamos celebrado na escola o Día do Libro. Aínda que nós lles queremos moitísimo todos os días, sabemos que ese día é moi especial porque é como si fose o seu aniversario. Si! O aniversario de todos os contos. Menuda festa, vos imaxinades nenos e nenas? Hoxe vos pedimos que colaboredes con nós  no #reto15 para facernos chegar unha foto co voso libro favorito. Se non o tendes podedes buiscar a súa portada en internet, facer un debuxo ou simplemente facervos unha foto co seu título escrito nun papel. Sinxelo verdade? Gustaríanos moitísimo poder facer un video con todas as vosas fotos

#reto 02 superado!!!!

Editamos para compartir máis fotos do #reto02. Aqui están as mostras de ter superado o #reto02. Recoñeces as túas uñas? Incluso hai participantes de outros coles 😊 Moitas grazas por participar! Editamos para engadir novos participantes! Moitísimas gracias 😘 Ari, Cloe e os seus papis Hugo e Patry Izan e Lía Xan Roi Sara Laura e Claudia

#reto14

Hoxe temos unha super sorpresa! A profe Laura animouse a contarnos un conto e estamos encantadísimos porque nos encanta. Verdade? Escoitade con atención. E agora o #reto14. Recordades este conto tan chulo de Gianni Rodari que se chama "Confundiendo Historias"? Despois de velo podemos xogar a imaxinarnos que pasaría si uns personaxes se colasen no conto de outros. Se enfadaría Brancaneves se o lobo de Carrapuchiña se colase no seu conto? Ou se a balea de Pinocho fose a parar ó conto de O peixe Arcodavella? Que pasaría se o porquiño mediano intentase pasar a ponte dos Chivos Chivóns? Imaxinade que pasaría e debuxade para contarnos como remataría a vosa historia. Esperamos os vosos debuxos co resultado!

#reto12/ #challenge12

#Reto12/ #Challenge12 Hoxe, a fada Rosalía quere compartir con vós o conto The very busy spider . Fala dunha araña moi traballadora que non tiña tempo para xogar cos outros animais da granxa, pois estaba sempre ocupada spinning her web . Podes ver o conto coa túa familia e explicarlles como se chaman os diferentes animais en inglés ;) Agora tócache a ti traballar! Só precisas un fío groso de la ou un cordón e un anaco de cartón (por exemplo dunha caixa de cereais). Pídelle a mamá ou papá que fagan uns buratiños no cartón... e xa podes tecer a túa propia spider web ! Podedes crear tódalas formas que se vos ocorran. Psss sabedes que? Os maiores poden aproveitar para practicar a facer lazos e atar os cordóns dos zapatos, a ver quen o consegue! Coma sempre, informádenos dos vosos avances, encantaranos ver todo o que creades!

#reto11

Para hacer una rica pizza se necesita harina y agua y levadura! Así dice a canción, recordades cando fixemos no obradoiro de horta a pizza cos nosos propios ingredientes? Mmmmm, estaba boísima.  O #reto11  consiste en que levedes acabo unha receita nas vosas casa, pode ser de pizza, ou de pasta, ou un biscoito como o de Cocorico… O que máis vos guste! Só vos pedimos que nos enviedes as fotos coas vosas creacións ou cumplindo o reto ó correo da biblioteca ou ó whatsapp da escola, para logo poder mirarvos no blogue que sei que vos encanta! E si queredes máis ideas, mirade a que nos deixa Ian, que prepara unhas deliciosas torradas fancesas. Moitísimmas grazas Ian, eres fantástico!

#reto10/ #challenge10

#Reto10/ #Challenge10 O seguinte reto ven da man de Captain Jack! Habitualmente, o noso amigo Jack axúdanos a navegar por mares nos que se fala inglés. Pero hoxe e el quen precisa da túa axuda para atopar un tesouro que hai escondido na casa.. . si, na túa ca sa! Terás que facer unha  búsqueda do tesouro   por toda a casa, poden acompañarte os teus pais ou irmáns, que te irán axudando a seguir as pistas. Non esquezas contarnos o que atopas!! *Se te animas, podes debuxar o teu propio mapa do tesouro . Recorda que o zume de limón actúa como tinta invisible coa que poderás marcar o lugar onde están as pistas e o tesouro ;)  Captain Jack, Fiti, Japi, Maruxa , a Fada Rosalía e as profes deséxanvos unhas felices vacacións!