Saltar ao contido principal

Publicacións

TEMPO DE SAMAIN

   Chegou o tempo do Samaín    Na escoliña de Verdu fixemos obradoiros terroríficos, tallamos as nosas cabazas cabaciñas coa axuda das familias e fixemos unha gran festa coa nosa merendola terrorífica e os nosos disfraces de medoooooo            

COMEZAMOS OS NOVOS OBRADOIROS INTERNIVELARES

 Este ano temos novos obradoiros nos que mesturámonos os peques de 3, 4 e 5 anos para descubrir e experimentar xogando e divertíndonos No obradoiro de PROVOCACIÓNS experimentamos e construimos a partir de materiais naturais e de refugallo que nos inspiran a crear a través da nosa imaxinación No obradoiro da HORTA achegámonos e coidamos o noso entorno e vemos crecer as sementes e prantiñas que xerminamos No obradoiro de ROBÓTICA xogamos e aprendemos cos robots do cole, as tablets e a Pizarra máxica  E no obradoiro de ARTE deixamos voar a nosa creatividade para pintar e crear as nosas obras artísticas Estes son os nosos novos equipos para os LUNS e XOVES

UNHA VISITA INESPERADA

 En Verdu comezamos un proxecto nas aulas e comezamos a investigar o noso CORPO Iniciamos o proxecto cunha visita inesperada ROBERTOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO IS COMING  

ESTRENAMOS OS NOVOS PETOS

 O outono xa chegou, as folliñas caen e cambian de cor.... O vento sopra sen parar, os ourizos caen, pódente picar... Parece que vai chover, mira para o ceo, pingas van caer... Encántanos cantarlle ao OUTONO con Uxía Lambona e a Banda Molona E aproveitamos o primeiro día de charcos para estrenar os nosos petos

O NOSO NOVO PROXECTO ANUAL: UN ANO DE CONTOS

En Verducedo encántanos contar, e o proxecto elexido para este vindeiro curso dará moito para contar A fada Rosalía regalunos bolboretas para comezar a voar a nosa imaxinación Canta con Migallas e imaxínate un mundo fantástico que está por descubrir  

BENVIDA AO NOVO CURSO

 Comezamos o novo curso con moitas gañas e démoslle a benvida as peques e os peques cunha sorpresa cheiña de globos de cores que lles encantou.

MERENDA E SAÍDA DE FIN DE CURSO

O último día de cole saimos de excursión a Illa de San Bartolomeu, alí xogamos e merendamos xuntos e fixemos unha búsqueda do tesouro moi especial.  FELIZ VERÁN A TOD@S  BECHIÑOS DE VERDUCEDO A DESFRUTAR O ANO QUE VEN, MÁIS E MELLOR  

O NOSO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O xoves 20 de xuño fixemos o Festival de Fin de Curso e bailamos, cantamos e o pasamos xenial Estas foron as nosas actuacións estelares 3 anos Fun ó mercado a comprar café 4 anos Waka Waka  5 anos O pirata Metepata  

A CEBRA CAMILA

Na nosa graduación fixemos o teatro da clase da Cebra Camila.  Encántanos o teatro e interpretamos moi ben o noso papel.  Somos uns artistas  

SALTO A PRIMARIA

A Clase da Cebra Camila salta a Primaria, dunha forma moi divertida quixemos representar este salto de Verducedo á Seara e Reibón. Comeza unha nova etapa para os nosos piratiñas de Verdu, orgullosa de todas e todos vós e das familias por acompañarnos neste camiño tan bonitiño e cheo de aventuras.  Quérovos ata o infinito e máis alá  

VISITA A REIBÓN E SEARA

 O nen@s de 5 anos, o venres pasado visitamos as escolas de Reibón e Seara. Serán os nosos coles do vindeiro curso, pasámolo xenial e usamos o transporte público e o taxi para subir e baixar. Alí atopámonos con irmáns, prim@s e moitos amiguiñ@s de Verducedo.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.

25 ANOS FACENDO ESCOLA: AS ANTIGAS PROFES

 O pasado xoves 24 de maio tivemos o pracer de desfrutar dun contacontos con moita historia. Visitáronnos as antigas mestras de Verdu, Ángeles e Ana e compartimos unha mañá entrañable. Foron as mestras de moitas mamis, papis e tíos. Ficamos encantadas cos seus contacontos e agasallos Coñecimos A CASA DA MOSCA CHOSCA dunha forma moi chusquiña da man de Ana Llebra. Aprendimos a facer gorros e barcos piratas co  CAPITÁN CALABROTE da man de Ángeles. Encantounos compartir con vós un anaquiño da nosa historia e compartimos con algunhas mamis vivencias lonxanas cargadiñas de emocións.

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

 Nesta escola somos superfans de Brais das Hortas e de Peter Punk. O outro día recibimos unha supersorpresa. Viu visitarnos á escola Brais das Hortas para traernos en persoa o seu libro novo  Consertaso na Horta As nosas caras dinno todo, encantounos a súa visita, volve pronto Brais

OBRADOIROS DE MAIO

No mes de maio comezamos novos obradoiros, veña que a Primavera danos ideas para crear e experimentar. Descubrimos a obra de Arcimboldo e creamos con flores naturais un retrato e con flores de papel un autorretrato moi primaveral Experimentamos con pingas de cores mesturando bebida vexetal, aceite e colorante E comezamos a prantar na nosa horta as leitugas máis ricas do mundo mundiaaaaal  

ISTO NON É UNHA CAIXA

 Xogamos no patio coas caixas dos mobles e materiais novos como no conto de Isto non é unha caixa. Xogo libre e a deixar voar a creatividade

OS MAIOS

 O 2 de maio démoslle a benvida ao MES DAS FLORES Coa axuda de Guillermo e coa colaboración das familias conseguimos moitas flores e prantas. Mirade que maio tan bonitiño nos quedou, VIVA A PRIMAVERA

PLANTAMOS UN CARBALLO

 Coa colaboración da Comunidade de Montes plantamos un carballo na escola. A nosa carballeira xa ten o seu carballo que conmemora 25 anos facendo escola e nos lembra que hai que coidar a natureza dende o corazón. 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

 Polo día do Libro fixemos unha bandexa de contos para o patio e durante toda a semana lemos contos ao aire libre. Tamén fixemos un marcapáxinas chulísimos co noso conto favorito.