Saltar ao contido principal

Publicacións

OBRADOIROS DE OUTUBRO

 Comezamos os obradoiros deste novo curso, xuntos aprendemos moito, en equipos misturados de 3, 4 e 5 anos pasámolo pipa. Este mes fixemos: EXPERIMENTAMOS CO MILLO FIXEMOS UNHA MASA SENSORIAL CON LUZ ULTRAVIOLETA MONSTRUOS E CABAZAS TERRORÍFICAS

COMEZAMOS O CURSO CUNHA SAÍDA MOI ESPECIAL

Dende Verducedo comezamos este curso cunha saída moi especial. Visitamos o entorno máis próximo ó cole, a horta de Lolo e Cris a ver como crece o millo. Logo visitamos a finca do avó Roberto e puidemos ver os seus animais.  Dende a biblio de Verdu, a fada Rosalía vos convida a escoitar as cancións de Migallas  e aprender como se fai o PAN DE MILLO.  

GRADUACIÓN PROMOCIÓN 2020-2023

 Este é o momento no que nos damos conta de que si, que é certo, que rematou o curso e que para o próximo estes pequenos (xa non tanto ;)) estarán nos seus respectivos coles de maiores.  Así dende a escola decímoslles que lles soltamos a man, pero que estremos aquí sempre que o precisen. Mil bico e mil grazas

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA

 Berramos, sacamos a lingua e cantamos e bailamos co dúo formado por Brais das Hortas e Peter Punk. Pasamos unha xornada fantástica.

Visita de Suso Verdeal

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa visita de Suso Verdeal, veciño de Moaña. Fixémoslle moitas preguntas e contounos que o que máis lle gusta facer é entrenar e competir en remo, ir á piscina, montar en bicicleta polo monte e coidar da súa horta. Ah! E facer o camiño de Santiago xunto aos seus amigos de Discamino . Tamén nos ensinou como entra no seu coche e como o conduce sen axuda de niguén . Ata deixou que algún neno do cole montara con él e probara! Moitísimas gracias Suso por ensinarnos que as limitacións están moitas veces na nnosa cabeza, que hai que intentar superarse cada día e que non deixemos que ninguén nos diga que non podemos. É un pracer ter visitas así.

Festa dos Maios na EEI Verducedo

 O luns celebramos na escola a nosa festa dos Maios. Trouxemos ó cole fentos, fiuncho, calas, flores, e ovos para vestir a adornar o Maio. Puxemos coroas de pampillos e cantamos e bailamos. Que ben o pasamos! Tivemos a sorte de contar coa presenza de Guillermo, un veciño que nos axudou a montar o Maio e nos ensinou a canción do Maio Maiolo. Moitas grazas por vir Guillermo!

Familias que contan

 Grazas as tres primeiras familias que viñeron a contar con nós durante estas semanas. Gerando e Joel Sara e Martina acompañadas por Gustavo Lupe, Laura e Bruno