Saltar ao contido principal

Publicacións

O NOSO FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O xoves 20 de xuño fixemos o Festival de Fin de Curso e bailamos, cantamos e o pasamos xenial Estas foron as nosas actuacións estelares 3 anos Fun ó mercado a comprar café 4 anos Waka Waka  5 anos O pirata Metepata  

A CEBRA CAMILA

Na nosa graduación fixemos o teatro da clase da Cebra Camila.  Encántanos o teatro e interpretamos moi ben o noso papel.  Somos uns artistas  

SALTO A PRIMARIA

A Clase da Cebra Camila salta a Primaria, dunha forma moi divertida quixemos representar este salto de Verducedo á Seara e Reibón. Comeza unha nova etapa para os nosos piratiñas de Verdu, orgullosa de todas e todos vós e das familias por acompañarnos neste camiño tan bonitiño e cheo de aventuras.  Quérovos ata o infinito e máis alá  

VISITA A REIBÓN E SEARA

 O nen@s de 5 anos, o venres pasado visitamos as escolas de Reibón e Seara. Serán os nosos coles do vindeiro curso, pasámolo xenial e usamos o transporte público e o taxi para subir e baixar. Alí atopámonos con irmáns, prim@s e moitos amiguiñ@s de Verducedo.

EXCURSION DE FIN DE CURSO

 Este ano visitamos Donde Viven los Cuentos en Nigrán. Un bosque encantado como a nosa Escola de Verdu. Alí fixemos obradoiros sensoriais de experimentos, contacontos, perfumes e cociña. Xogamos e merendamos nun entorno de natureza e beleza. 

DÍA DAS MASCOTAS

 O venres 24 foi un día moi especial, tivemos unha visita no cole que non esqueceremos.  As nosas MASCOTAS viñeron a coñecer a escola e desfrutámola moito Na biblioteca temos un recuncho de contos sobre as mascotas e fixemos uns contos espectaculares sobre as nosas mascotas, para coñecer os nomes de cada unha, os coidados que precisan e buscamos noticias boas e malas sobre as boas prácticas de coidado animal evitando e recoñecendo o maltrato que sufren algúns animaliños.

25 ANOS FACENDO ESCOLA: AS ANTIGAS PROFES

 O pasado xoves 24 de maio tivemos o pracer de desfrutar dun contacontos con moita historia. Visitáronnos as antigas mestras de Verdu, Ángeles e Ana e compartimos unha mañá entrañable. Foron as mestras de moitas mamis, papis e tíos. Ficamos encantadas cos seus contacontos e agasallos Coñecimos A CASA DA MOSCA CHOSCA dunha forma moi chusquiña da man de Ana Llebra. Aprendimos a facer gorros e barcos piratas co  CAPITÁN CALABROTE da man de Ángeles. Encantounos compartir con vós un anaquiño da nosa historia e compartimos con algunhas mamis vivencias lonxanas cargadiñas de emocións.